Trala desputa das tres probas do Campionato Galego de Volei Praia: Ézaro, Sada e Boiro, a fin de semana pasada voltamos con 3 Galardóns entregados na derradeira proba: Acadamos por terceiro ano consecutivo o título na categoría sub-15 , pero esta vez en categoría feminina con Gladys, Ivette, Eva e Uxía que se amosaron intratables con tres victorias en cadansuas probas. Na categoría sub-17 masculina o equipo formado por Álex-Félix-Julián acadou o título tras o segundo posto acadado na derradeira proba do campionato, despóis de haber gañado tamén a proba de Sada e acadar un terceiro posto na de Dumbría. E o terceiro título acadado este ano, é o de Campión Galego de Categorías Inferiores . Grazas o esforzo de todolos compoñentes da sección masculina que acadaron 976 puntos nas tres probas e conseguiron superar in extremis aos subcampións o Cabo de Cruz. Temos que destacar tamén o terceiro posto na clasificación feminina no Campionato de Categorías inferiores, o que nos confirma coma o m...