CAMPIÓNS GALEGOS!!

Trala desputa das tres probas do Campionato Galego de Volei Praia: Ézaro, Sada e Boiro, a fin de semana pasada voltamos con 3 Galardóns entregados na derradeira proba:

Acadamos por terceiro ano consecutivo o título na categoría sub-15, pero esta vez en categoría feminina con Gladys, Ivette, Eva e Uxía que se amosaron intratables con tres victorias en cadansuas probas.

Na categoría sub-17 masculina o equipo formado por Álex-Félix-Julián acadou o título tras o segundo posto acadado na derradeira proba do campionato, despóis de haber gañado tamén a proba de Sada e acadar un terceiro posto na de Dumbría.

E o terceiro título acadado este ano, é o de Campión Galego de Categorías Inferiores. Grazas o esforzo de todolos compoñentes da sección masculina que acadaron 976 puntos nas tres probas e conseguiron superar in extremis aos subcampións o Cabo de Cruz.
Temos que destacar tamén o terceiro posto na clasificación feminina no Campionato de Categorías inferiores, o que nos confirma coma o mellor equipo de base de Galicia.

Para rematar temos que felicitar a Álex, Félix e Julián que están convocados coa selección galega de Volei Praia para preparar o Campionato de España sub-17 que se disputará la localidade asturiana de LLanes.

Para máis información acerca do campionato galego pinchade aquí. E para ver as fotos dos nosos participantes picade aquí.

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP