III TORNEO 3X3 VILA DE ALLARIZ
Trala desputa da competición senior o mércores 25 de Setembro xa temos novos campións, Os Bodirogas (Pablo, Beto e Xairo) que venceron nunha trepidante final aos Alaricanos (Martín, Sergio e Super Kiko).
Para ver as fotos do torneo senior picade aquí.
A competición infantil desenrolouse o xoves 26 de Setembro dende as 17:00H no campo de Vilanova. Participaron na competición 39 rapaces da vila distribuidos en 12 equipos. Os vencedores da proba foron os Fuxonetas ( Xoan- Iago - Ricard) que venceron na final por 21-13 aos Piroliñas (Cesar-Bryan- Luis - Carlos). Para ver as fotos do torneo infantil picade aquí.
Ao finalizar a competición infantil realizouse a entrega de trofeos a cargo de Elena Suarez (Concelleira de Deportes do Concello de Allariz) e por Javier, Técnico de Deportes.