PRUEBA CONCELLO DE NIGRAN
O Campionato Galego Senior 2013 de Volei Praia continúa a súa andaina coa celebración da súa terceira proba a vindeira fin de semana do 13 ao 14 de xullo na praia de Panxón (Nigrán). O II Torneo Concello de Nigrán, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa EventoGlobal Organizia, constitúe unha novidade no calendario galego de torneos de volei praia. A proba, como todas as incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para o Campionato de España de Volei Praia Senior.
O programa horario será o seguinte:
Sábado dia 13 de xullo pola mañá: Previa Torneo senior masculino e feminino (Sistema de liga a 1 volta por grupos. Partidos a 1 set de 21 puntos ou a 3 sets de 15 puntos)
Sábado dia 13 de xullo pola tarde e domingo dia 14 de xullo: Cadro final masculino e feminino de 16 equipos de dobre eliminatoria (partidos a 3 sets, os dous primeiros a 21 e o terceiro a 15)
Sábado dia 13 (a partir das 10:00 h): Categorias sub 15 (masculina e feminina)
Domingo dia 14 (a partir das 10:00 h): Categorias sub 17 (masculina e feminina)
FUENTE: FGVB.