RESULTADOS TORNEO DE VILLAGARCIA

Félix Vásquez e Hernán Tovar, fixéronse o pasado domingo co seu segundo triunfo da tempada no I Torneo Concello deVilagarcía de Volei Praia. A parella do Club Ourense Volei Praia non tivo rival durante a proba, na que fixeron un pleno de cinco vitorias, todas elas por 2 sets a 0.
Únicamente Pablo Gómez e Diego Pérez (VPV) conseguiron poñer contra as cordas aos venezoláns na gran final do domingo. A eliminatoria decidiuse finalmente en dous parciais, nos que, sen embargo, a igualdade foi tal que calquera dos dous equipos puido levar a vitoria (21-18/21-19).

Napartado feminino Sub-19 consolidaban o seu dominio Gladys Giráldez (COVP) e Patricia González (VPV)tras acadar o seu segundo trofeo consecutivo da tempada. As ourensás superaron ao combinado da selección galega formado por Noemí Araújo e Andrea Rivas nunha final non exenta de emoción que se resolveu en dous igualados sets (2 – 0: 15-13/15-12). O bronce recaeu en Susana Suárez e Alba Quirós, do Zalaeta que se fixeron coa medalla ao superar por 21 a 11 a Carmen Rodríguez e Xulia Larrán do Volei Praia Vigo.

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP