1ª PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE VOLEI PRAIA SENIOR: TOMIÑO
A praia fluvial de Goián en Tomiño será a sede da 1ª proba do Circuito Galego de Volei Praia Sénior que se celebrará os vindeiros 23 e 24 de xuño. Esta proba, que será puntuable tamén para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de España. comezará o sábado coas eliminatorias da fase previa e disputarase ao longo de toda a fin de semana ata as finais do domingo pola tarde.
Todos os xogadores deberán ter tramitada a través dun club a súa licenza nacional ou autonómica galega de volei praia e o correspondente Seguro Obrigatorio de Accidentes Deportivos. A inscrición terá un custe de 15 € por parella e poderá facerse ata as 20:00 h do xoves dia 21 de xuño na web http://www.vigoarena.com/.
Os premios serán os seguintes:
1º- 150 €
2º- 90 €
3º- 60 €
4º- 20 €
Máis información en http://www.vigoarena.com/