IX TORNEO CIDADE DE OURENSE


Campionato Galego Senior de Volei Praia continua a súa andaina coa celebración da súa segunda proba o vindeira fin de semana do 27 ao 29 de xuño en Ourense. O IX Trofeo Cidade de Ourense, organizado polo Club Ourense Volei Praia e coa colaboración da Federación Galega de Voleibol, constitúe o punto de arranque dun circuíto galego que promete intensas emocións ao longo desta tempada. A proba serán puntuables para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato Galego de Volei Praia Senior.
 
O programa horario será o seguinte:
 
Venres dia 27 de xuño (a partir das 16:00 h): Previa torneo masculino. O sistema de competición determinarase en función do número de equipos inscritos.
 
Sábado dia 28 de xuño: Cadro Final torneo masculino de 16 equipos a dobre eliminatoria.
 
Domingo dia 29 de xuño: Cadro Final Feminino de 16 equipos. Cadro de 16 equipos de dobre eliminatoria.

inscrición no torneo de Ourense farase achegando un email ás direccións competicions@fgvb.es e correo@fgvb.es dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as antes do mércores dia 12 ás 15:00 horas indicando nome, apelidos, DNI, clube de procedencia dos dous compoñentes da parella e tlf de contacto. A inscrición estará limitada a 24 parellas na categoría masculina e a 16 na feminina e o custe será de 20 € por parella (IVE incluído). Aquelas parellas formadas por dúas persoas pertencentes ao COVP teran unha taxa de inscrición de 10 € (IVE incluido). O ingreso poderase facer no nº de conta: 2080 0471 78 3040002465 ou en efectivo na propia praia. 

Os premios de ámbalas dúas categorías serán os seguintes:

1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións + trofeo
2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións + trofeo
3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións + trofeo
4º clasificado: 10 % do diñeiro recadado coas inscricións + trofeo
5º-8º clasificado: trofeo.

Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a licenza autonómica galega ou a licenza nacional de volei praia para poder participar nesta competición e que as parellas participantes deberán xogar os seus partidos debidamente uniformados tal e como establece o Regulamento Técnico de Voley Praia da FGVb e da RFEVb.  
 
As listas de entrada do torneo, ordeadas en función do RNVP a data 23 de xuño, e os cadros de competición poderedes consultalos nesta mesma noticia a medida que se achegue a data de celebración da proba.

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP