XII TROFEO CIDADE DE VIGO
O Campionato Galego Senior 2014 de Volei Praia inicia a súa andaina coa celebración da primeira proba a vindeira fin de semana do 21 e 22 de xuño na praia viguesa de Samil. O XII Trofeo Cidade de Vigo, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa EventoGlobal Organizia, constitúe unha cita xa clásica na temporada galega de volei praia. A proba, como todas as incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior.
O programa horario será o seguinte:
Sábado dia 21 (mañá): Previa Torneo sénior masculino e feminino e Campionato Sub 15 masculino e feminino (sistema de competición determinarase en función do número de equipos inscritos)
Sábado dia 21 (tarde) e domingo dia 22: Cadro final masculino e feminino de 16 equipos de dobre eliminatoria (partidos a 3 sets, os dous primeiros a 21 e o terceiro a 15) e Campionato Sub 17 masculino e feminino (sistema de competición determinarase en función do número de equipos inscritos).