TROFEO CIDADE DE VILAGARCIA

O programa horario será o seguinte:
Sábado día 12 (mañá): Previa Torneo sénior masculino e feminino
Sábado día 12 (mañá e tarde): Campionato Sub 21 masculino e feminino
Sábado día 12 (tarde) e domingo dia 13 (mañá e tarde): Cadro final masculino e feminino de 16 equipos de dobre eliminatoria (partidos a 3 sets, os dous primeiros a 21 e o terceiro a 15)
Domingo dia 13 (mañá e tarde): Campionato Sub 19 masculino e feminino
A inscrición nesta proba de Vilagarcía farase achegando, antes do mércores día 9 ás 15:00 horas, un correo electrónico acompeticions@fgvb.es e/ou correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as indicando nome, apelidos, DNI e club de pertenza das dúas persoas integrantes da parella así como un tlf de contacto. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (fax, correo ordinario, correo electronico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as.
A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (IVE incluído) e o ingreso poderase facer nos nº de conta: Banco Pastor ES49 0075 8903 49 0600789895 ou Novagalicia Banco ES65 2080 5126 13 3040005689 ou ben, previo aviso, en efectivo na propia praia. Nas categorías sub 19 e sub 21 a inscrición será gratuita.
Os premios de ámbalas dúas categorías (masculino/feminino) serán os seguintes:
1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría*+ trofeo+ agasallo
2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría*+ trofeo+ agasallo
3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría*+ trofeo+agasallo
4º clasificado: 10 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría*+ trofeo
* Cun máximo total de premios de 400 € e un mínimo de 200 € por cada categoría.
Fonte: FGVB
LISTAS DE ENTRADA: