O pasado fin de semana o areal coruñés acolleu un dos trofeos máis vistosos da tempada, reunindo a xogadores de reconocido prestixio tanto a nivel autonómico como nacional e clausurando o Circuito Galego de Volei Praia 2016. No apartado masculino dominaron o torneo, Javier Monfort, campión da pasada edición, e o seu compañeiro nesta ocasión, Zdravko Komenov. No apartado feminino conquistaban o trofeo Teresa Zunzunegui e a súa compañeira de equipo no VP Santander, Nuria Pla. Do noso clube asistiron: Senior femenino Domínguez/Rodríguez -- Pulgarín/Sánchez -- Senior masculino Trillo/Sánchez(C. VIGO VB) Con este torneo ponse o broche final á competición autonómica de volei praia 2016 de carácter oficial en calquera das súas categorías.