Publicacións

Mostrando publicacións desta data: June, 2016

QUARTA PROBA DO CGVP 2016 EN MARIN

Imaxe
Este fin de semana temos a cuarta proba do CGVB os días 2 e 3 de xullo na praia de Loira en Marín.


A proba, como todas as incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior. Ao longo do fin de semana, ademáis dos Circuitos Galegos Senior (que incluirá Sub 21 e Sub 19), disputaranse as categorías infantil e cadete.
A inscrición nesta proba de Marín farase achegando, antes do mércores día 29 de xuño ás 20.00 h., un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/asadxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVB sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVB debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as.  A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € p…

II PROBA MADISON BEACH VOLLEY TOUR 2016

Imaxe
Tras a primeira proba celebrada en Las Rozas (Madrid), o Circuito Nacional de Volei Praia trasládase á Praia da Malvarrosa en Valencia para vivir o segundo torneo do Madison Beach Volley Tour. Será entre os días 7 e 10 de xullo. 
O prazo de inscrición péchase ás 9:00 horas do mércores 29 de xuño.
























Toda a información oficial do Circuito podes encontrala na nosa web (http://www.rfevb.com/voley-playa). 
Ademáis, Madison confeccionou unha páxina espectacular, que podes visitar aquí: http://beachvolleytour.es/.

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE LUGO

Imaxe
Esta fin de semana xogábase o III torneo do Campionato Galego de Volei Praia, esta vez no Real Aeroclub de Lugo (Rozas). 

Os nosos máis sinceros parabéns para Bouza/Hernán e Quirós/Rivas polos seus primeiros postos nas suas respectivas categorías.

As parellas que foron do no clube son:

Senior feminino
Del Castillo/Alonso --  Sardiña/Rivera --  Giráldez/González --

Senior masculino Trillo/Vázquez --



O vindeiro fin de semana, temos unha nova cita en Marín, na praia de Loira, da Cuarta Proba do Circuito Galego.

TERCEIRA PROBA DO CGVP 2016 EN LUGO

Imaxe
A terceira proba do CGVB celebrarase os dias 24, 25 e 26 de xuño en Lugo, sendo esta a sua III edición

O torneo celebrarase nas instalacións do Real Aeroclube de Lugoen Rozas En caso de que os participantes precisen aloxamento ou queiran coñecer as ofertas de almorzo, xantar e cena, poden poñerse en contacto co clube enviando un correo a voleipraialugo@gmail.com.
Horarios SÁBADO: de 09.00 a 24.00 aproximadamente DOMINGO: de 09.00 a 21.00.
Premios 1º 300€ 2º 170€ 3º 90€ 4º 50€. Con agasallos, ademáis, para todos os participantes.
A inscrición no torneo de Lugo farase achegando un email ás direccións correo@fgvb.es e voleipraialugo@gmail.com indicando nome, apelidos, DNI, clube de procedencia dos dous compoñentes da parella e tlf de contacto. O custe será de 20 € por parella (IVE incluído), e o pago pode realizarse en efectivo nas instalacións ou facendo unha transferencia na conta do Voleipraia Lugo (ES39 2100 6815 6602 0005 5466) indicando o nome dos participantes.
Lembramos tamén que será ne…

RELEMBRAMOS: CURSO DE ADESTRADOR DE VOLEI PRAIA FIVB NIVEL 1

Imaxe
Para todos aqueles que queirades o nivel 1 de adestrador de Volei Praia, agora é a vosa oportunidade!

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN SUB-19 E SUB-21

Imaxe
Hoxe temos unha boa noticia! 
Hai duas xogadoras do noso clube que están convocadas para formar parte da concentración para configurar as seleccións galegas Sub-19 e Sub-21 femeninas de voleipraia.  Dita concentración realizarase na Praia do Ezaro (Dumbría) os dias 18, 19 e 20 de Xullo. Estas xogadoras son:
PATRICIA GONZALEZ FERNANDEZGLADYS GIRALDEZ LOPEZ
xunto con elas, tamén están na lista: ALICIA GONZALEZ OTERO DO VPVALBA QUIROS GONZALEZ DO ZALAETAMARIA RODRIGUEZ  DO RIBEIRA SACRAALEJANDRA MOLEDO DO CV CABO DE CRUZ
Moita sorte para elas por parte de todo o clube, estamos seguros de que darán todo de si para poder ser as elexidas.

TORNEO APERTURA EN ALLARIZ

Imaxe
O Mércores 29 de Xuño comezará a actividade de Volei Praia en Allariz coa disputa do Torneo Apertura.
Torneo (2x2) de carácter popular con equipos masculinos, femininos ou mixtos nunha única categoría.


As inscricións terán un custo de 2€/persoa e realizarase no mesmo campo de Vilanova de 16:30 a 17:00h.

A final do torneo está prevista para as 21:00 e a entrega de medallas para todos os participantes sobre as 21:30h

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE OURENSE

Imaxe
Despois desta fin de semana, damos por rematado o segundo torneo do CGVP 2016 que tivo lugar na cidade de Ourense. Esta foi a XI proba senior realizada na nosa cidade.
Desta vez os vencedores no apartado masculino foron Álvarez/Losada do VPV que xogaron a final contra Gómez/Palharini tamén do VPV e no apartado feminino voltaron a repetir Triñanes/González do Barraña VP que lles gañaron a Giráldez/González
Do noso clube asistiron:
Senior masculino Fernández/Yáñez -- 
Molina/Molina -- 
Soto/Cid -- 
Trillo/Vázquez --  Conde/González --  Cantón/Varela -- 
Rodríguez/Álvarez -- 

Senior femenino Giráldez/González --  Sardiña/Rivera -- 
Saco/Freire --



Aquí deixámovos os cadros cos resultados de cada apartado, tanto masculino como feminino













O vindeiro fin de semana tocará xogar en Lugo e tambén será exclusivo para a categoría senior, co III Campionato de Lugo de Volei Praia.


Fotos da categoría masculina: https://www.dropbox.com/sh/jad08tnsg9wb04h/AACTzpVMMPm_Mv7ac3kLbAqaa?dl=0

I EDICIÓN DO VOLEI PRAIA PARA TOD@S NAS FESTAS DE OURENSE

Imaxe
Dende o Luns 27 ao Xoves 30 de Xuño coincidindo coas Festas de Ourense disputarase no campo Multiaventura dos Remedios (Fronte a rúa Avilés de Taramancos) a primeira edición do Volei Praia para tod@s.

Volei Praia para tod@s trátase dunha actividade deportiva aberta a toda a poboación que desexe realizar exercicio físico a través do volei praia ou do cachibol-praia.

Organizaranse catro actividades segundo a idade dos participantes:
Luns 27 (nenas e nenos de 6-12 anos): de 18 a 20h. Organización de partidos de cachibol-praia entre os asistentes polos monitores do COVP. Inscricións individuáis e gratuítas o día da competición no mesmo campo de 16:30 a 17h.
Martes 28 (nenos e nenas ata 16 anos): de 17-21h. Torneo Volei Praia mixto adaptado para principiantes . Inscricións por parellas (gratuíta) o día da competición no mesmo campo de 16:30 a 17h.
Mércores 29 (maiores de 50 anos): de 17 a 20 h. Organización de partidos de cachibol-praia entre os asistentes, dirixidos polos monitores do COVP. …

SEGUNDA PROBA DO CGVP 2016 EN OURENSE

Imaxe
Non queda nada para a segunda proba do CGVP que un ano máis se celebrará en Ourense os dias 17, 18 e 19 de xuño no areal de Oira.


O venres haberá previa do apartado femenino.O sábado o apartado masculino xogará directamente o cadro final (sen previa), que será de 16 parellas.O domingo será o apartado feminino o que xogará o cadro final que constará de 12 parellas.

Os equipos teñen que chegar con tempo para presentar a identificación e a documentación antes do primeiro dos seus encontros.
Os premios serán os seguintes:
1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría e trofeo. 2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría e trofeo. 3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría e trofeo. 4º clasificado: 10 % do diñeiro recadado coas inscricións  na súa categoría 
A inscrición farase achegando, antes do mércores dia 15 ás 20:00 h., un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenz…

I PROBA MADISON BEACH VOLLEY TOUR 2016

Imaxe
O Circuito Nacional de Volei Praia comeza en Las Rozas. A localidade madrileña acoge a proba inaugural do Madison Beach Volley Tour 2016, unha proba que se celebra no Recinto Ferial entre os días 17 e 19 de xuño de 2016.

Alí teremos á parella Trillo/Fernández representando o noso clube, ¡moita sorte rapaces!

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE VIGO

Imaxe
Damos por finalizada a primeira proba do Campionato Galego de Volei Praia 2016 disputada en Vigo nos días 11 e 12 de xuño. Estas son as parellas que foron á proba representando ao noso clube:
Infantil González/Pérez -- 
Cadetes Jiménez/Freire -- Lanzós/López -- 
Sub-19 Alonso/Fernández --  Sub-21 Alonso/Del Castillo --  González/Giráldez --  González/Conde --  Domínguez/Rodríguez --  Varela/Sienes(Vigo) -- 
Senior Sardiña/Rivera --  Fernández/Yáñez --  Molina/Molina --  Prada/Trillo --  Soto/DeFrancisco --  Vázquez/García -- 

Queremos felicitar ás parellas María Triñanes e Rebeca González no apartado senior feminino e a Antón De Valenzuela e Gabriel Del Carmen no masculino por os seus primeiros postos.







Foto de Diego L. Dolan


No seguinte enlace podedes ver mais imaxes da primeira proba do CGVB: https://www.dropbox.com/sh/p9mehh1hqbgz2zf/AABqXUguhzp_eHY3V4rBqo9Ba?dl=0 As fotos foron realizadas por Digo L. Dolan, por Julio Vázquez e por Verán Deportivo



PRIMEIRA PROBA DO CGVP 2016 EN VIGO

O vindeiro fin de semana comeza en  Vigo o Campionato Galego 2016 de Volei Praia. A primeira proba do circuito autonómico celebrarase entre o sábado 11 e o domingo 12 de xuño nas instalacións de VigoArena situadas na praia olívica de Samil. O XIV Trofeo Cidade de Vigo, abre un ano máis a tempada galega de volei praia e faino albergando todas as categorías: infantil, cadete, Sub19, Sub21 e senior. A proba, como todas as incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior.
A inscrición nesta proba de Vigo farase achegando, antes do mércores dia 8 ás 20.00 h, un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de in…

ACTUALIZACIÓN CALENDARIO CGVP 2016

Aquí temos o calendario actualizado do Campionato Galego de Volei Praia deste ano.
Fica a fin de semana do 09 e 10 de xullo libre.


11-12 xuño Infantil - Cadete - Sub19 - Sub21 - Sénior Vigo 18-19 xuño Sub19 - Sub21 - Sénior Ourense 25-26 xuño Sénior Lugo 02-03 xullo Infantil - Cadete - Sub19 - Sub21 - Sénior Marín 09-10 xullo

16-17 xullo Infantil - Cadete - Sub19 - Sub21 - Sénior

REUNIÓN INCIO DE TEMPORADA

Imaxe
Este domingo a partir das 19:00H, na Rúa Carlos Maside S/N debaixo da bancada de preferencia do Estadio do Couto, celebrarase unha reunión informativa aberta a socios, xogadores, pais e demais xente interesada no Volei Praia para informar no que concirne aos seguintes temas: Presentación da nova directiva do COVPPresentación do proxecto deportivo para esta tempada. Comunicación do calendario de probas autonómicas e provinciais.Taxas de Socio de número, socio aspirante e socio colaborador e modo de realizar o abono.Organización de escolas deportivas, inscrición a torneos e desprazamentos a través da nova aplicación móvil.
Rógase a aqueles interesados en formar parte do clube ou participar nalgunha actividade do mesmo que non podan asistir á reunión, que o comuniquen a través do correo electrónico: ourensevoleipraia@gmail.com Moitas grazas, e até o domingo