Publicacións

Mostrando publicacións desta data: July, 2016

CAMPEONATO DE ESPAÑA VOLEI PRAIA CADETE 2016

Imaxe
A praia de O Ézaro acollerá dende o venres 29 ata o domingo 31 de xullo, o Campionato de España de Volei Praia cadete tanto masculino como feminino.




Á cita acuden os corenta e un mellores equipos do panorama nacional (24 femininos e 17 masculinos), clasificados nas competicións das súas respectivas autonomías, e dispostos agora a pelexar polo título que actualmente ostentan os locais do CV Dumbría no apartado masculino e o Majadahonda no feminino.

Entre os participantes haberá unha ampla representación galega con oito clubes presentes na cita. Cinco equipos competirán na categoría masculina: o organizador e actual campión de España, Voleibol Dumbría, e os demáis clasificados por ranking autonómico: Vigo VB, Voleboleiros Sada, Volei Coruña e Barraña Volei Praia.

E tres serán os conxuntos da terra que asistirán ao torneo feminino, tamén atendendo á orde de clasificación no Circuito Galego de Volei Praia disputado até o momento: Volei Praia Vigo, Volei Praia Riazor e Barraña Volei Praia…

PROBA DO CGVP EN SADA PARA CATEGORÍAS INFERIORES

Imaxe
O vindeiro fin de semana, 30 e 31 de xullo o Circuito Galego de Volei Praia para Categorías Inferiores vivirá unha nova e emocionante proba en Sada. A categoría senior volve descansar, e a praia de Las Delicias (ao carón do chiringuito) acollerá os torneos Sub 21, Sub 19, cadete e infantil.
A inscrición nesta proba de Sada farase achegando, antes do mércores día 27 de xullo ás 20.00 h., un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.
Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 

Listas de entrada:
Infantil feminino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada_IF.pdf Infantil masculino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada_IM.pdf Cadete femi…

VOLEI PRAIA EN RAZO

Imaxe

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE DUMBRÍA

Imaxe
Damos por rematada esta fin de semana de voleipraia só para as categorías inferiores na praia do Ézaro (Dumbría).

Do noso clube asistiron:

Infantil feminino
Núñez/Domínguez --

Infantil masculino
Rivero/Varela --

Cadete feminino
Lanzós/Viso --
Barreiros/Borrajo --
Jiménez/Freire --

Sub-19 feminino
Pulgarín/Sánchez --

Sub-19 masculino
Rodríguez/Álvarez --
Álvarez/Fernández --

Sub-21 feminino
Domínguez/Rodríguez --



A próxima cita será en Sada sendo só para categorías inferiores

GALICIA NO NACIONAL SUB-19

Imaxe
Galicia estivo no Campionato de España de Volei Praia Sub 19, que se celebrou en Arona (Canarias) entre o xoves 21 e o sábado 23 de xullo. Os resultados acadados foron de décimo primeiro (masculino) e un décimo quinto (feminino) na clasificación final.
Neste enclave de excepción, Marco Lado (Dumbría Volei) e José Aba (CV Oleiros) enfrentábanse contra Castela A Mancha, Canarias, Andalucía, Cantabria e Asturias.
No apartado feminino as nosas representantes, Alicia González (VPV) e Patricia González (COVP) enfrentábanse contra Madrid, Baleares, Canarias, Cataluña e Aragón.
Agora tan só queda agardar a celebración do nacional sub 21 que se celebrará en Alicante do 18 ao 21 de agosto e pechará a actuación das nosas seleccións autonómicas nesta tempada de verán 2016 chea de emocións.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE VOLEI PRAIA SUB-19

Imaxe
A praia de “Los Cristianos” será o enclave de excepción gaelga para unha das grandes citas do ano para a canteira, o nacional que reúne aos mellores xogadores da categoría para coroar ao campión na modalidade de praia.

Á localidade canaria viaxou a expedición galega, comandada polo seleccionador autonómico, Eloy Mahía. No torneo participarán, como cada ano, dous equipos, un por categoría.
No feminino repite este ano Patricia González (Club Ourense Volei Praia), que na pasada edición xa amosou o seu talento sobre a area rematando entre os cinco mellores combinados do país xunto coa súa compañeira naquela cita, Gladys Giráldez. Este ano Patricia estrea parella, que será Alicia González, do Volei Praia Vigo, outra das grandes promesas do noso deporte.
Pola outra banda o conxunto masculino estará formado por José Aba (CV Oleiros) e Marco Lado (Dumbría Volei), que collen a testemuña de Ismael Martínez e Lois Vázquez para tentar bater a novena praza acadada por eles na pasada edición do tro…

PROBA DO CGVP EN DUMBRÍA PARA CATEGORÍAS INFERIORES

Imaxe
A próxima fin de semana, 23 e 24 de xullo, haberá torneo para as categorías inferiores (sub-21, sub-19, cadete e infantil) descansando así os e as senior.

O programa é o seguinte:  Sábado, 23: Categorías infantil e Sub 19 Domingo, 24: Categorias cadete e Sub 21

A inscrición nesta proba de Dumbría farase achegando, antes do mércores día 20 de xullo ás 20.00 h., un correo electrónico a correo@fgvbdende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/asadxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.


Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 




Listas de entrada:
Infantil feminino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada%20InfantilF.pdf Infantil masculino: http://www.fgvb.es/upload/Lista%20Entrada%20InfantilM.pdf Cadete feminino: http://w…

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE A GUARDA

Imaxe
A praia de Camposancos acolleu a quinta proba do Circuito Galego de Volei Praia 2016. Tras un intenso fin de semana, as parellas Gómez/Del Carmen e González/Giráldez proclamáronse vencedoras da categoría senior masculina e feminina respectivamente.
Parellas inscritas do noso clube:
Senior masculino Molina/Molina --  Trillo/Vázquez -- 
Senior feminino Alonso/Del Castillo -- 
Sub-21 feminino Giráldez/Fernández -- 
Sub-19 masculino Varela/Fernández (EMEVE) -- 
Cadete feminino Jiménez/Freire --  Barreiros/Blanco -- 
Infantil feminino González/Pérez --  Nuñez/Domínguez -- 
Parabéns para as parellas vencedoras!


A próxima parada do Circuito Galego de Volei Praia será o vindeiro fin de semana do 23 e 24 de xullo en Dumbría onde se celebrará unha nova proba para as categorías Sub 21, Sub 19, cadete e infantil.

QUINTA PROBA DO CGVB 2016 NA GUARDA

A quinta proba do CGVB celebrarase os vindeiros días 16 e 17 de xullo en A Guarda. Terá lugar na praia de Camposancos (ao lado do club de tenis Codesal), e abarcará todas as categorías, dende a senior (Sub 21 e Sub 19) ata as inferiores cadete e infantil.


A inscrición nesta proba de A Guarda farase achegando, antes do mércores día 13 de xullo ás 20.00 h., un correo electrónico a correo@fgvbdende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.

Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVB sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVB debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as.

A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (10 para os xogadores Sub19 e 15 para os Sub 21)(IVE incluído) e o ingreso poderase facer nos nº de conta: Banco Pastor ES49 0075 890…

III PROBA MADISON BEACH VOLLEY TOUR 2016

Imaxe
Tras a segunda proba celebrada na praia da Malvarrosa en Valencia, o Circuito Nacional de Volei Praia trasládase á praia de Salvé en Laredo para vivir o terceiro torneo do Madison Beach Volley Tour. Será entre os días 21 e 24 de xullo. 
O prazo de inscrición péchase ás 9:00 horas do mércores 13 de xullo.



















Toda a información oficial do Circuito podes encontrala na nosa web (http://www.rfevb.com/voley-playa). Ademáis, Madison confeccionou unha páxina espectacular, que podes visitar aquí: http://beachvolleytour.es/.

O BALÓN VOA SOBRE A REDE DE OIRA

Imaxe
O martes cinco de xullo saiu no suplemento `+ Deporte´ do xornal `La Región´ unha páxina dedicada ao voleipraia en Ourense.


Como xa sabedes invitamos a todos aqueles que queiran iniciarse neste deporte a que entren na nosa páxina web e se anoten nas horas libres que temos na nosa aplicación. Ao facer iso teredes á vosa disposición a cancha, cun monitor e todo o necesario para comezar a xogar e aprender sen ningún tipo de necesidade, salvo a de querer pasalo ben.
Enlace do xornal: http://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/balon-vuela-red-oira/20160705190327633447.html
Para máis información podedes chamar ao seguinte número de teléfono, 695187979

TORNEOS VOLEI PRAIA 2016

Imaxe
Este ano celebraranse diferentes torneos na cidade de Ourense, na vila de Allariz e na Rúa para todos os públicos. Apuntádevos e disfrutade do volei praia como tamén dos novos compañeiros!
Para anotarvos, só tedes que chamar a este número de teléfono ou deixar unha mensaxe: 722723128, Santi

COPA DEPUTACIÓN
Cidade de Ourense-Areal de Oira Sub-19 feminino ----> 12 de xullo Sub-19 masculino ----> 13 de xullo Senior mixto ----> 3 de setembro
A Rúa Senior e Sub-21 masculino e feminino ----> 27 de agosto Sub-15 masculino e feminino ----> 28 de agosto
Vila de Allariz-Ao lado da piscina Alevín mixto masculino (3x3) ----> 14 de xullo Sub-17 mixto ----> 28 de xullo Sub-17 masculino e feminino ----> 24 de agosto
NO FEDERADOS
Cidade de Ourense-Areal de Oira Torneo clausura ----> 30 e/o 31 de agosto
Vila de Allariz-Ao lado da piscina Torneo apertura ----> 28 e/o 29 de xuño Torneo mixto senior aficionado ----> 3 e/o 4 de agosto



POSTOS ACADADOS NA PROBA DE MARÍN

Imaxe
Esta fin de semana disputábase en Marín o IV torneo do CGVB, no que se inscribiron trinta e dúas parellas no torneo masculino e trinta e unha no feminino


Senior feminino Del Castillo/Alonso --  Sardiña/Zunzunegui (VP Santander) --  Giráldez/González --
Senior masculino Fernández/Yáez -- Trillo/Vázquez -- Soto/De Francisco --  Molina/Molina -- 
Sub-21 Varela/Cantón --
Cadete feminino López/Lanzós --

Infantil feminino
Gónzalez/Pérez -- 
Parabéns ás parellas Carlos Galego e Óscar Sánchez no apartado masculino e Cristina Imargues e Teresa Zunzunegui no feminino polos seus primeiros postos.


O próximo torneo do CGVB será os días 16 e 17 na Guardia, non habendo a fin de semana do 9 e 10