Publicacións

Mostrando publicacións desta data: August, 2016

TORNEOS FINAL DE TEMPADA

Imaxe
Achégase o remate da tempada 2016, pero antes aínda queda disfrutar dos últimos torneos que se celebrarán na nosa cidade nas seguintes datas:

Vila de Allariz-Ao lado da piscina
31 agosto ------------------------- sub-17 

Cidade de Ourense-Areal de Oira
6 setembro ---------- sub-21 e senior  7 setembro ---------------------- sub-15  8 setembro ---------------------- sub-19  Fecha por acordar -------- senior mixto 
Todas as competicións comezarán ás 17:00h, pero tedes que estar media hora antes para asistir á reunión técnica.

Para anotarvos, só tedes que chamar a este número de teléfono ou deixar unha mensaxe: 722723128, Santi.

QUINTA PRAZA PARA GALICIA NO NACIONAL SUB 21

Imaxe
As Seleccións Galegas pechan a tempada de Volei Praia cunha boa actuación nos Campionatos de España por Seleccións Autonómicas Sub 21 celebrados en Alicante do 18 ao 21 de agosto. O combinado masculino, formado por Rubén Táboas e Nathan Matos (Club Vigo Voleibol) rematou o nacional nunha meritoria quinta praza, mentres que as rapazas, Patricia González e Gladys Giráldez (Club Ourense VP) tiveron que conformarse coa décimo terceira praza a pesar do bó xogo despregado.



POSTOS ACADADOS NA PROBA DE AS PONTES

Imaxe
O pasado fin de semana o areal coruñés acolleu un dos trofeos máis vistosos da tempada, reunindo a xogadores de reconocido prestixio tanto a nivel autonómico como nacional e clausurando o Circuito Galego de Volei Praia 2016.
No apartado masculino dominaron o torneo, Javier Monfort, campión da pasada edición, e o seu compañeiro nesta ocasión, Zdravko Komenov.
No apartado feminino conquistaban o trofeo Teresa Zunzunegui e a súa compañeira de equipo no VP Santander, Nuria Pla. Do noso clube asistiron:
Senior femenino Domínguez/Rodríguez --  Pulgarín/Sánchez -- 
Senior masculino Trillo/Sánchez(C. VIGO VB)


Con este torneo ponse o broche final á competición autonómica de volei praia 2016 de carácter oficial en calquera das súas categorías.

GALICIA PARTICIPA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VOLEI PRAIA SUB 21

Imaxe
Galicia participa un ano máis nos Campionatos de España de Volei Praia por Seleccións Autonómicas na categoríaSub 21, que na súa edición 2016se celebrarán en Alicante nos vindeiros días, entre o 18 e o 21 de agosto.
Alicante nos vindeiros días, entre o 18 e o 21 de agosto. A expedición galega partirá mañá mércores rumbo á cidade alicantina, onde serán dous os combinados autonómicos que pelexarán entre os mellores conxuntos da canteira nacional polo tan ansiado título. Á fronte da delegación acude unha vez máis á cita nacional o seleccionador galego Eloy Mahía, que dirixirá no apartado masculino a actuación de Rubén Táboas e Nathan Matos e no feminio a de Patricia González e Gladys Giráldez.

As dúas parellas foron seleccionadas polo técnico galego logo de concentrarse no Centro Galego de Tecnificación de O Ézaro dende o mércores 10 ao venres 12 de agosto para preparar o campionato de España xunto con outros catro deportistas que finalmente quedaron fóra da convocatoria.
Moita sorte às …

II TORNEO INTERNACIONAL DE VOLEI PRAIA DE AS PONTES

Imaxe
O Circuíto Galego de Volei Praia chega ao seu fin o vindeiro fin de semana.  O sábado 20 e o domingo 21 de agosto a tempada de praia terá unha clausura espectacular co II Torneo Internacional de Volei Praia “Lago de As Pontes”.

Esta derradeira proba albergará as categorías senior masculina e feminina, nas que será puntuable para o Ranking Nacional de Volei Praia. Ademais, outro dos grandes alicientes do torneo serán os seus premios, que terán o seguinte valor tanto na categoría masculina como na feminina: 1º clasificado – 1.200€
 2º clasificado – 600€
 3º clasificado – 300€ 
4º clasificado – 150€
A inscrición nesta proba de As Pontes farase achegando, antes do mércores día 17 ás 20:00 horas, un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes xunto co xustificante bancario da inscrición.
Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro …

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE DUMBRÍA

Imaxe
O areal dumbriés reuniu durante todo o fin de semana ás mellores parellas do panorama autonómico, co fin de decidir aos novos campións e disputarse ademais as dúas prazas en liza (masculina e feminina) para representar a Galicia na Final do Campionato de España que se celebrará en Fuengirola (Málaga) do 26 ao 28 de agosto.

No apartado feminino fixéronse co ouro María Triñanes e Rebeca González que xogaron a final contra Gladys Giráldez e Patricia González; no masculino Nathan Matos e Rubén Táboas gañaron a Ángel Losada e Cristóbal Álvarez. E a nosa parella Trillo-Fernández chegaron a semifináis e acadaron o 4º posto. ¡Parabéns!



Do noso clube asistiron: Senior femenino
Giráldez/González
Alonso/Del Castillo
Jiménez/Freire
Pulgarín/Sánchez
Domínguez/Rodríguez

Senior masculino
Fernández/Trillo
Molina/Vázquez

Clausurarase a edición 2016 o vindeiro fin de semana co derradeiro torneo oficial do verán, que terá lugar en As Pontes (A Coruña) os días 20 e 21 de agosto.

NOVENA PROBA DO CGVB 2016 EN O ÉZARO

O Campionato Galego Senior 2016 de Volei Praia chega á súa recta final coa celebración da novena proba o vindeiro fin de semana do 13 e 14 de agosto na praia de O Ézaro. 
Este torneo determinará os Campións Galegos 2016 que obterán praza para representar a Galicia na Final do CEVP que se disputará do 26 ao 28 de agosto en Fuengirola (Málaga).
Os gañadores obterán esta clasificación para o torneo nacional, sempre que xogasen polo menos dúas das probas do Circuito Galego de Volei Praia. Esta final senior incluirá as categorías Sub 19 e Sub 21, como vén sendo habitual ao longo do Circuito.

Como en torneos anteriores, a inscrición nesta proba de O Ézaro farase achegando, antes do mércores día 10 ás 20:00 horas, un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.
Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, co…

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE POIO

Imaxe
O 6 e o 7 de agosto celebrouse a oitava proba do CGVB en Poio para todas as categorías.

Do COVP asistiron:

Infantil feminino
Núñez/Pérez --

Cadete feminino
Lanzós/López --
Jiménez/Freire --
Barreiros/Pérez --
Zaplana/Blanco --

Cadete masculino
Morales/Varela --

Sub-19 feminino
Pulgarín/Sánchez --

Sub-19 masculino
Cantón/Varela --

Sub-21 feminino
Domínguez/Rodríguez --

Senior masculino
Fernández/Yáñez --
Molina/Molina --
Trillo/Vázquez --


O próximo torneo terá lugar en Dumbría, sendo esta a última proba senior do CGVB

IV PROBA MADISON BEACH VOLLEY TOUR 2016

Imaxe
Tras a terceira proba celebrada na praia de Salvé en Laredo, o Circuito Nacional de Volei Praia trasládase á praia de L´Arrabasada en Tarragona para vivir o cuarto torneo do Madison Beach Volley Tour. Será entre os días 11 e 14 de agosto. 

























Toda a información oficial do Circuito podes encontrala na nosa web (http://www.rfevb.com/voley-playa). Ademáis, Madison confeccionou unha páxina espectacular, que podes visitar aquí: http://beachvolleytour.es/.

CONVOCATORIA CURSOS NIVEL I E II DE ADESTRADORES

A Federación Galega de Voleibol, a través da Escola Galega de Adestradores, convoca os cursos de Adestradores, Nivel I e Nivel II. 

O precio dos cursos é de 75€ para o Curso de Nivel I e 150€ para o curso de Nivel II. O pagó deberá efectuarse unha vez confirmada a sede segundo os inscritos.

A data tope para enviar os modelos de inscrición é o luns 29 de Agosto.

Convocatoria cursos adestradores: http://www.fgvb.es/upload/Convocatoria%20Cursos%20Adestradores%2016-17.pdf
G13-1 Solicitude de organización de curso de árbitro ou adestrador: http://www.fgvb.es/upload/G13-I_Solicitude_de_Organizaci%C3%B3n_de_Curso_de_%C3%81rbitro_ou_Adestrador_.pdf
G13-II Inscrición curso árbitro ou adestrador: http://www.fgvb.es/upload/G13-II_Inscripci%C3%B3n_Curso_%C3%81rbitro_ou_Adestrador.pdf

XLVI TORNEO INTERNACIONAL VOLEI PRAIA VILA DE LAREDO

-El torneo más antiguo de España-
Lugar: Praia de La Salvé. Centro Municipal de Volei Praia de Laredo (Cantabria).
Data: 6 e 7 de agosto de 2016.
Horarios: Sábado: 12.00 a 21:30 h. Domingo: de 10:00 a 19:00 h. Infantís: só domingo.
Modalidade: parellas A-2
Categorías: Sénior masculina e sénior feminina.
                         Sub-15 masculina e sub-15 feminina.
Inscrición: www.voleylaredo.com. Límite: 5.08.16
Licenzas: válidas as expedidas por calquera Federación Territorial.
Reunión técnica: 11.30 h.
Cota: 30,75 euros por equipo. Sub-15: gratuito.
Premios: 1º 600. 2º 400. 3º 200. 4º 100 (seniors masculino y feminino).

INFORMACIÓN:
Tfno. 616465951 /  elu@laredo.es

OITAVA PROBA DO CGVB 2016 EN POIO

Imaxe
Esta fin de semana, 6 e 7 de agosto celebrarase a oitava prova do CGVB na praia de Lourido (Poio) abarcando todas as categorías, dende a senior (Sub 21 e Sub 19) ata as inferiores cadete e infantil.


A inscrición nesta proba de Poio farase achegando, antes do mércores día 3 de agosto ás 20.00 h., un correo electrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.
Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 
A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (10 para os xogadores Sub19 e 15 para os Sub 21) e o ingreso poderase facer nos nº de conta: Banco Pastor ES49 0075 8903 49 0600789895 ou Novagalicia Banco ES65 2080 5126 13 3040005689 (indican…

POSTOS ACADADOS NA PROBA DE SADA

Imaxe
Esta fin de se semana, 30 e 31 de xullo, tocou xogar na praia de Sada, onde só houbo torneo para as categorías inferiores.
Do COVP foron:

Infantil feminino
Núñez/Domínguez --
González/Pérez --

Cadete feminino 
Lanzós/López --  
Puga/Borrajo --    
Jiménez/Freire -- 
Barreiros/Blanco -- 
Zaplana/Viso -- 

Cadete masculino
Cantón/Picos --

Sub-19 feminino
Pulgarín/Sánchez --
Alonso/Fernández --

Sub-19 masculino
Rodríguez/Álvarez -- 
Álvarez/Fernández --





O seguinte torneo será en Poio, esta vez para todas as categorías