Publicacións

II PROBA DE CATEGORÍAS INFERIORES EN BOIRO

Imaxe
O Circuito Galego de Volei Praia 2017 continúa avanzando e prepara xa a súa próxima parada en Boiro. A praia de Barraña acollerá a que será a segunda proba para as categorías de base, dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19. O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete.  A proba puntuará dentro do Circuito Galego. A reunión técnica celebrarase ás 9.30 horas e nela terá que estar presente, polo menos, un representante de cada club. A inscrición nesta proba de Boiro será gratuita, e farase achegando, antes do mércores día 28 ás 20.00 h, un correo eletrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletr...

CRÓNICA XII COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE

Imaxe
O pasado fin de semana celebrouse en O Barco de Valdeorras a XII Edición da Copa Deputación de Ourense de Volei Praia que ademáis serviu para arrincar este verán o Circuito Galego das Categorías Inferiores. O Salgueiral abriu a competición o sábado coas categorías infantil e   Sub 19   femininas.  Entre as máis experimentadas as vencedoras foron Emma Ordoñez e Sabela Moreno do Barraña VP e o Club Volei Praia Vigo respectivamente. Na final agardábanlles Lucía Prol e Aitana Fernández, do Emevé que á súa vez superaran nas eliminatorias a Freire/Jiménez (COVP). Ao podio subiron en terceira posición as ourensanas Cristina Freire e Andrea Jiménez que venceron a consolación  ante Laura Pajuelo e Elena Piñón. Ese mesmo día foi especialmente emocionante a competición infantil, onde xa se comezan a vislumbrar as grandes promesas do volei praia autonómico. Nesta categoría as mellores foron Lucía Ferreiro e Elba López. As do V. Sada venceron ás súas rivais ...

XII COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE

Imaxe
O  Salgueiral (Barco de Valdeorras)  acollerá a que será a primeira proba para as categorías de base, dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19.  Ademáis a XII edición da Copa Deputación de Ourense, incluirá tamén un apartado senior, aínda que exclusivo para os equipos ourensáns. O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuito Galego, e ademáis os mellor clasificados da provincia de Ourense serán os novos vencedores da Copa Deputación. A inscrición nesta proba de O Barco de Valdeorras será gratuita, e farase achegando, antes do mércores día 21 ás 20.00 h, un correo elecrónico a  correo@fgvb  dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remiti...

TORNEO DE VOLEI PRAIA FESTAS DE OURENSE

Imaxe
INFORMACIÓN ADICIONAL O torneo é de participación aberta a todos os públicos sendo  necesaria inscrición previa. Os equipos estarán formados por dúas persoas, podendo ser masculinos, femininos ou mixtos. Adaptarase a normativa, a superficie do campo e a altura da rede para facilitar a participación. As inscricións rematan o luns 26 ás 16h , e pódense facer enviando un correo electrónico a torneoscovp@gmail.com ou Whatsapp ao 695187979 indicando: Nome e apelidos  DNI Data de nacemento Talle de camiseta Teléfono de contacto

CRÓNICA TORNEO DE OURENSE

Imaxe
O Trofeo Cidade de Ourense de Volei Praia, que comezou o venres 16 de xuño coas previas, pechouse coa proclamación de Miguel Mateo e Óscar Fernández, do CVP Santander (no apartado masculino) e de Gladys Giráldez e Patricia González, do Club Ourense Volei Praia (na categoría feminina) como campións da súa décimo segunda edición. Catorce parellas xogaron o torneo masculino, que comezou o venres coas previas, das que saíron clasificados as parellas Pereira García (Barraña VP) e Pereira García (CDPF) que xunto coas outras oito parellas clasificadas directamente para o cadro final, pasaron a pelexar pola segunda proba do Circuito Galego de Volei Praia durante toda a xornada do sábado. Tras a prata de Guiñazu/Losada, subiron ao podio en terceira posición Ismael Martínez e o seu compañeiro Carlos Galego, que gañaron a consolación ante Fernández/Sixto. En canto á categoría feminina, foron trece os equipos inscritos no trofeo, e catro deles comezarían a xogar o venres por dous bill...