Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2017

II PROBA DE CATEGORÍAS INFERIORES EN BOIRO

Imaxe
O Circuito Galego de Volei Praia 2017 continúa avanzando e prepara xa a súa próxima parada en Boiro. A praia de Barraña acollerá a que será a segunda proba para as categorías de base, dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19. O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete.  A proba puntuará dentro do Circuito Galego. A reunión técnica celebrarase ás 9.30 horas e nela terá que estar presente, polo menos, un representante de cada club. A inscrición nesta proba de Boiro será gratuita, e farase achegando, antes do mércores día 28 ás 20.00 h, un correo eletrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de insc

CRÓNICA XII COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE

Imaxe
O pasado fin de semana celebrouse en O Barco de Valdeorras a XII Edición da Copa Deputación de Ourense de Volei Praia que ademáis serviu para arrincar este verán o Circuito Galego das Categorías Inferiores. O Salgueiral abriu a competición o sábado coas categorías infantil e   Sub 19   femininas.  Entre as máis experimentadas as vencedoras foron Emma Ordoñez e Sabela Moreno do Barraña VP e o Club Volei Praia Vigo respectivamente. Na final agardábanlles Lucía Prol e Aitana Fernández, do Emevé que á súa vez superaran nas eliminatorias a Freire/Jiménez (COVP). Ao podio subiron en terceira posición as ourensanas Cristina Freire e Andrea Jiménez que venceron a consolación  ante Laura Pajuelo e Elena Piñón. Ese mesmo día foi especialmente emocionante a competición infantil, onde xa se comezan a vislumbrar as grandes promesas do volei praia autonómico. Nesta categoría as mellores foron Lucía Ferreiro e Elba López. As do V. Sada venceron ás súas rivais Ordoñez/Calo nun en

XII COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE

Imaxe
O  Salgueiral (Barco de Valdeorras)  acollerá a que será a primeira proba para as categorías de base, dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19.  Ademáis a XII edición da Copa Deputación de Ourense, incluirá tamén un apartado senior, aínda que exclusivo para os equipos ourensáns. O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuito Galego, e ademáis os mellor clasificados da provincia de Ourense serán os novos vencedores da Copa Deputación. A inscrición nesta proba de O Barco de Valdeorras será gratuita, e farase achegando, antes do mércores día 21 ás 20.00 h, un correo elecrónico a  correo@fgvb  dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc

TORNEO DE VOLEI PRAIA FESTAS DE OURENSE

Imaxe
INFORMACIÓN ADICIONAL O torneo é de participación aberta a todos os públicos sendo  necesaria inscrición previa. Os equipos estarán formados por dúas persoas, podendo ser masculinos, femininos ou mixtos. Adaptarase a normativa, a superficie do campo e a altura da rede para facilitar a participación. As inscricións rematan o luns 26 ás 16h , e pódense facer enviando un correo electrónico a torneoscovp@gmail.com ou Whatsapp ao 695187979 indicando: Nome e apelidos  DNI Data de nacemento Talle de camiseta Teléfono de contacto

CRÓNICA TORNEO DE OURENSE

Imaxe
O Trofeo Cidade de Ourense de Volei Praia, que comezou o venres 16 de xuño coas previas, pechouse coa proclamación de Miguel Mateo e Óscar Fernández, do CVP Santander (no apartado masculino) e de Gladys Giráldez e Patricia González, do Club Ourense Volei Praia (na categoría feminina) como campións da súa décimo segunda edición. Catorce parellas xogaron o torneo masculino, que comezou o venres coas previas, das que saíron clasificados as parellas Pereira García (Barraña VP) e Pereira García (CDPF) que xunto coas outras oito parellas clasificadas directamente para o cadro final, pasaron a pelexar pola segunda proba do Circuito Galego de Volei Praia durante toda a xornada do sábado. Tras a prata de Guiñazu/Losada, subiron ao podio en terceira posición Ismael Martínez e o seu compañeiro Carlos Galego, que gañaron a consolación ante Fernández/Sixto. En canto á categoría feminina, foron trece os equipos inscritos no trofeo, e catro deles comezarían a xogar o venres por dous billetes

HORARIOS ADESTRAMENTOS DURANTE O VERÁN

Imaxe
A continuación os horarios dos adestramentos durante o verán 2017 para as diferentes categorías:

MADISON 2017

O Circuito Nacional de Volei Praia inicia unha nova tempada.  Xa é a quinta organizada por Madison e para este ano o calendario é o seguinte:           Valencia                        6 a 9 de xullo na Praia da Malvarrosa           Ayamonte (Huelva)     20 a 23 de xullo na Praia de Isla Canela           Laredo (Cantabria)       27 a 30 de xullo na Praia da Salvé           Tarragona                     10 a 13 de agosto na Praia de l’Arrabassada O aperitivo será a espectacular proba da WEVZA de Barcelona , e a guinda ao Circuito o porá, como cada ano, a Final do Campionato de España, que se celebrará un ano máis na Reserva do Higuerón en Fuengirola (Málaga) , entre os días 31 de agosto e 3 de setembro. Aquí podedes descargar o Boletín de Inscrición  http://www.rfevb.com/Files/Des cargas/MOVP-03.Boletin%20Inscr ipci%C3%B3n%20CNVP%202017-pdfE s20170614050035.pdf , que podes enviar unha vez cumprimentado a  voleyplaya@rfevb.com  a partir do luns 19 de xuño . Para

XII TORNEO CIDADE DE OURENSE

Imaxe
O vindeiro fin de semana do 16 ao 18 de xuño organízase o XII torneo da Cidade de Ourense. Debido a que só contamos cunha pista de xogo o torneo limitarase a 14 parellas masculinas e a 14 parellas femininas inscritas con mellor ranking nacional de volei praia. O venres haberá previa feminina e masculina a partir das 17:00h, o sábado será o cadro final do torneo masculino   e o domingo  do feminino. Tanto o sábado como o domingo o torneo comezará ás 09:00h  ( Reunión técnica ás 08:30 (deberá estar presente un representante de cada club)) Por outra parte, o mércores realizarase un torneo no campo de Oira para os socios do club que estean inscritos à proba do campionato galego senior, non terá ningún coste e a parella gañadora pasará directamente ao cadro para o torneo da fin de semana.  É unha boa maneira de comezar a competir e de ter opcións de entrar no torneo para aqueles que non tedes puntos do ano pasado.  Recordar que para xogar tedes que facer a licencia

RESUMO I PROBA DO CIRCUÍTO GALEGO DE VOLEI PRAIA

Imaxe
O torneo inaugural do Circuito Galego de Volei Praia coronou no primeiro podio da tempada a Luci Paz e Marta González, do Volei Praia Vigo, no apartado feminino e á parella formada por Pablo Penedo e Nathan Matos, do Club Vigo Voleibol, no masculino. Nesta ocasión ningunha parella do noso club puido acudir à primeira Proba do circuíto Galego Senior de Volei Praia  na praia de Samil (Vigo)

CIRCUITO ARAGONÉS SENIOR VOLEI PRAIA

Imaxe
O circuito Aragonés de Volei Praia 2017 constará de tres probas válidas que puntúan para o Clasificatorio que dará dereito ao Campionato de España. As datas da celebración do campionato serán: TERUEL : Categoría masculina 18/06/2017 - Categoría feminina 17/06/2017 ZARAGOZA CDM ACTUR : Categoría masculina 24/06/2017 - Categoría feminina 25/06/2017 ZARAGOZA INDOOR PLAZA : Categoría masculina 16/07/2017 - Categoría feminina 15/07/2017 A data tope de inscrición será de 6 días antes de cada unha das probas. Os equipos deberán prover a sua propia equipación de xogo, que deberá cumprir no fundamental (estilo e numeración) o establecido no Regulamento Técnico de Volei Praia, e os xogadores deberán empregar a mesma numeración en todos os partidos da competición.  O balón oficial de xogo é o modelo Mikasa VLS 300. Cada equipo deberá levar os seus propios balóns de aquecemento.   Máis información en: https:  //drive.go

DATAS RELEVANTES RELACIONADAS CÓS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CATEGORÍAS INFERIORES

As datas son as seguintes: CEVP Sub-21 Seleccións Autonómicas Masculino e Feminino en Las Palmas do 21 ao 23 de xullo  CEVP Cadete Clubs Mascullino e Feminino  na praia de Ézaro (Dumbría) do 21 ao 23 de xullo  CEVP Sub-19 Seleccións Autonómicas Masculino no   CIVP Lorca do 3 ao 5 de agosto  CEVP Sub-19 Seleccións Autonómicas Feminino no CIVP Lorca do 6 ao 8 de agosto  CEVP Infantil Clubs Feminino  no CIVP Lorca do 10 ao 12 de agosto  CEVP Infantil Clubs Masculino  no CIVP Lorca do 13 ao 15 de agosto CEVP Sub-19 Clubs Masculino  no CIVP Lorca do 17 ao 19 de agosto  CEVP Sub-19 Clubs Feminino  no CIVP Lorca do 20 ao 22 de agosto                                                                                                                                               (Real Federación Española de Voleibol)

CALENDARIO PROVISIONAL 2017

¡COMENZAMOS! Estas son as datas provisionais deste verán. Se houber algún cambio, comunicarémolo en cuanto o sepamos. Días Mes VigoArena                       FGVB 3 e 4 xuño 10 e 11 xuño Vigo 17 e 18 xuño Sénior Ourense 24 e 25 xuño Copa Dep. Ourense (Cat. Infeiores) Ourense - O Barco 1 e 2 xullo Cat. Inferiores Sada 8 e 9 xullo Cat. Inferiores Carnota 15 e 16 xullo Marín Pdte fijar sede (Cat. Inferiores) 22 e 23 xullo A Guardia C.E. Cadete Dumbría 29 e 30 xullo C.G. Sénior Dumbría 5 e 6 agosto Poio C.G. Cat. Inf. Dumbría 12 e 13 agosto Open Dumbría 12 e 13 agosto Cat. Inferiores As Pontes 19 e 20 agosto

WEVZA ZONAL EVENT “CIUTAT DE BARCELONA”

O Torneo Zonal da Western European Volleyball Zonal Association en Barcelona é unha proba internacional que dá puntos para o Ranking FIVB, e nun ano con tan escasos torneos internacionais e coa dificultade para entrar neles, vai ser un polo de atracción para moitos equipos europeos. As datas son o 30 de xuño para o torneo de clasificación e o 1 e 2 de xullo para o Cadro Final. Para participar tes que cumprimentar o Acordo coa CEV (incluido o certificado médico) que o podes descargar aquí:  https://cevadmin.cev.lu/Admini stration/BeachVolley/EditorIma ges/547/2017%20CEV%20BV-01%20A thlete_Commitment_Health_certi ficate%20form.pdf . Ademáis, deberás pagar a licencia europea (20€ por xogador) unha vez admitido no torneo, o cal, segundo a normativa da CEV, comunicarase ás Federacións Nacionais 7 días antes do seu inicio. A data tope de inscrición é o mércores 14 de xuño, e podes solicitala enviando un email a  voleyplaya@rfevb.com . Para solventar calquera duda ou información adic

XV TORNEO CIDADE DE VIGO

A primeira proba do circuito autonómico celebrarase entre o sábado 10 e o domingo 11 de xuño nas instalacións de VigoArena situadas na praia olívica de Samil. N esta ocasión exclusivamente para a categoría senior.  O horario do torneo será de 10 a 21 horas o sábado e de 10 a 20 horas o domingo. A proba, como todas as incluídas no Circuito Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior. Inscrición A inscrición nesta proba de Vigo farase achegando, antes do mércores día 7 ás 20.00 h, un correo elecrónico a  correo@fgvb  dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no  formulario de inscrición oficial da FGVb  debidamente selado polo Club de pertenza dos xogad