Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

TORNEO MIXTO DE OURENSE

Imaxe
Gran día de volei praia no areal de Oira o pasado 2 de setembro, esta vez, torneo mixto.
Neste día houbo sete parellas, seis de COVP e unha do VPV:

Patricia González/Fernando VarelaRebeca Kruse/Carlos FernándezXudit Carrete/Darío Gil (VPV)Iván Vázquez/María DomínguezVerónica Núñez/Boris TrilloAlicia Viso/Santiago de Francisco

A parella gañadora foi Patricia González e Fernando Varela, que gañaron a final ante Rebeca Kruse e Carlos Fernández.

Dende o club queremos agradecer a participación de todos os xogadores e esperámosvos o ano que ven!

Máis fotos e vídeos en: https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLUHM4a0UtdE43X00

CEA FIN DE TEMPADA

Imaxe

TORNEO DE TODAS AS CATEGORÍAS EN ALLARIZ

Imaxe
O pasado 16 de agosto celebrouse en Allariz un torneo para todas as categorías. Aquí vos deixamos algunhas imaxes: https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLNTVWZU9qOE5jMUk

Primerios Clasificados: Luis y Adrián

Segundos Clasificados: Santiago y David

Terceiros Clasificados: Hugo y Noé 
Grazas a todos os participantes por vir a esta experiencia, esperámosvos o 23 de agosto noutro torneo para as categorías alevín e Sub-17!

CRÓNICA III TORNEO INTERNACIONAL DE AS PONTES

Imaxe
As parellas Monfort/Monfort e Imargues/Zunzunegui foron as vencedoras dun trofeo que xuntou a grandes xogadores a niven autonómico e nacional
O III Torneo Internacional “Lago de As Pontes”, que coronou ás parellas Monfort/Monfort (masculino) e Imargues/Zunzunegui (feminino), foi o espectacular colofón a un vibrante verán que puxo punto e final á tempada oficial de praia. O pasado fin de semana este areal coruñés acolleu un dos trofeos máis vistosos da tempada organizado polo Club Deportivo Aldebarán e a Federación Galega de Voleibol coa inestimable colaboración do concello de As Pontes. Este torneo reúne cada ano a grandes xogadores de reconocido prestixio tanto a nivel autonómico como nacional e pon o broche final ao Circuito Galego de Volei Praia.
A proba de As Pontes tamén foi escenario de excepción para o desenlace do Circuito Galego de Categorías inferiores, con probas durante todo o fin de semana para a canteira da nosa terra. O sábado tiveron lugar as competicións Sub 19 e inf…

PRÓXIMOS TORNEOS NA PROVINCIA DE OURENSE

Imaxe
A provincia de Ourense non para, e nas próximas semanas seguirá habendo onde xogar a este grandioso deporte.
As probas son as seguintes: Torneo Mixto en Ourense Data: 2 de setembro Inscrición:  Socios: gratisNon Socios: 5€/persoa correoNo correo: torneoscovp@gmail.com até as 12h do día anterior á proba Camiseta de regalo
Torneo Absoluto en Allariz (todas as categorías) Dara: 16 de setembro Inscrición:  Socios/Alumnos escola: gratisNon socios: 3€/persoaNa recepción da piscina até as 16h do mesmo día da proba Camiseta de regalo  Torneo Alevín e Sub-17 en Allariz Data: 23 de agosto Inscrición: Socios/Alumnos escola: gratisNon socios: 2€/persoaNa recepción da piscina até as16h do mesmo día da proba Camiseta de regalo

III TORNEO INTERNACIONAL DE AS PONTES

Imaxe
O Circuíto Galego de Volei Praia chega ao seu fin o vindeiro fin de semana.  O sábado 19 e o domingo 20 de agosto a tempada de praia terá unha clausura espectacular co III Torneo Internacional de Volei Praia “Lago de As Pontes” A proba, organizada pola Federación Galega de Voleibol e o Club Deportivo Aldebarán en colaboración co Concello de As Pontes celebrou con gran éxito as dúas edicións precedentes, na que se reuniron a flor e nata do volei praia tanto autonómico como nacional. Este ano de novo espérase vivir un gran fin de semana con xogadores e partidos de moito nivel que farán as delicias dos espectadores que acudan á praia coruñesa.
Este ano ademáis, aparte da categoría senior, haberá proba para categorías inferiores (Sub 19, cadete, infantil e alevín) federadas e tamén torneo amateur, pistas de volei herba e voleibol sentado.
Ademáis as pistas de Volei herba serán de acceso libre a partir das 16.00 horas eo voleibol sentado desenvolveráse o sábado de 11.00 a 13.30 horas.
A c…

CRÓNICA VI PROBA DO CGVP SENIOR EN O ÉZARO

Imaxe
A esta proba foron as seguintes parellas do clube:
Fernández/TrilloJiménez/FreireGiráldez/González As parellas Triñanes/González (Barraña Volei Praia) e Losada/Guiñazu (CDPF e CM Ferrol), son os novos campións galegos senior. O título decidiuse na gran final celebrada o pasado sábado en O Ézaro (Dumbría) onde ademáis se coroaron aos campións Sub 21, Vázquez/Causin (V.Sada/VP Lugo) no apartado feminino e Lado/Aba (Voleibol Dumbría) no masculino. O areal dumbriés reuniu durante todo o fin de semana ás mellores parellas do panorama autonómico, co fin de decidir aos novos campións e disputarse ademais as dúas prazas en liza (masculina e feminina) para representar a Galicia na Final do Campionato de España que se celebrará en Fuengirola (Málaga) do 31 de agosto ao 3 de setembro.
Das catorce parellas presentes na final galega masculina, resultaron vencedores Ángel Losada e David Guiñazu, que acudían á final co aval de dous ouros (Poio e Marín), unha prata (Ourense) e un bronce (Vigo) ás cost…

SEXTA PROBA DO CGVP SENIOR EN O ÉZARO

Imaxe
O Campionato Galego Senior 2017 de Volei Praia chega á súa recta final coa celebración da sexta proba o vindeiro fin de semana do 12 e 13 de agosto na praia de O Ézaro.  O areal dumbriés acollerá un ano máis o torneo senior organizado pola Federación Galega de Voleibol coa colaboración do Exmo. Concello de Dumbría. Este trofeo determinará os Campións Galegos 2017 que obterán praza para representar a Galicia na Final do CEVP que se disputará do 31 de agosto ao 3 desetembro en Fuengirola (Málaga).
A inscrición nas categorías senior terá un custe de 20 € por parella (IVE incluído)
Os premios nas dúas categorías senior serán os seguintes: 1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría 2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría 3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría 4º clasificado: 10 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría
Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pert…

CRÓNICA V PROBA DO CGVP PARA CATEGORÍAS INFERIORES E SENIOR

Imaxe
A proba, organizada pola Federación Galega de Voleibol coa colaboración do Excmo. Concello de Dumbría, celebrouse os días 5 e 6 de agosto.

Cabe destacar o segundo posto acadado na categoría cadete por a grande parella do clube Andrea Jiménez e Cristina Freire que están a pelexar en todas as probas por subir ao podio.



O Trofeo Concello de Poio Volei Praia, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa Organizia EventoGlobal, tivo lugar na praia de Lourido e como todas as incluídas no Campionato Galego, foi puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior.
Rebeca Kruse e Pula Alonso estiveron a piques de meterse nas semifinais, polo que acadaron a quinta posición. Tamén participaron no apartado masculino Carlos Fernández e Roberto Rodríguez (Barraña VP), Boris Trillo e Iván Vázquez e Antonio Molina e César Molina.

V PROBA DO CGVP PARA CATEGORÍAS INFERIORES

Imaxe
O vindeiro fin de semana o Circuito Galego de Volei Praia para Categorías Inferiores vivirá o seu desenlace en Dumbría. A praia de O Ézaro acollerá a derradeira parada dos campionatos galegos Sub 19, cadete, infantil e alevín. A proba, organizada pola Federación Galega de Voleibol coa colaboración do Excmo. Concello de Dumbría, celebrarase os días 5 e 6 de agosto.
O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuito Galego. A reunión técnica celebrarase ás 9.30 horas e nela terá que estar presente, polo menos, un representante de cada club.
Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin.
Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Vol…

V PROBA DO CGVB SENIOR EN POIO

Imaxe
O Circuito Galego de Volei Praia achégase á recta final abrindo o mes de agosto coa celebración da quinta proba senior os vindeiros días 5 e 6 de agosto en Poio. O Trofeo Concello de Poio Volei Praia, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa Organizia EventoGlobal, terá lugar na praia de Lourido e como todas as incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior.
Os premios serán os seguintes: Importe máximo de 400 euros/categoría. Importe mínimo de 200 euros/categoría. Os importes totais irán en función do número de inscricións en cada unha das categorías. O reparto dos premios sairá de aplicar a seguinte porcentaxe tanto na categoría masculina como na feminina: 1º 50% (Ata 200 euros) 2º 25% (Ata 100 euros) 3º 15% (Ata 60 euros) 4º 10% (Ata 40 euros)

Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos …

CRÓNICA IV PROBA DO CGVP PARA CATEGORÍAS INFERIORES EN SADA

Imaxe
O fin de semana o Circuito Galego de Volei Praia para Categorías Inferiores viviu unha nova e emocionante proba en Sada.  A praia de Las Delicias (ao carón do chiringuito) acollerá os torneos Sub 19, cadete, infantil e alevín.
Unha vez máis a nosa parella estrela cadete está no podio. Andrea Valeria e Cristina Freire conseguen un terceiro posto nesta proba de Sada

MADISON LAREDO 2017

Imaxe

IV PROBA DO CGVP PARA CATEGORÍAS INFERIORES EN SADA

Imaxe
O vindeiro fin de semana o Circuito Galego de Volei Praia para Categorías Inferiores vivirá unha nova e emocionante proba en Sada. A categoría senior volve descansar, e a praia de Las Delicias (ao carón do chiringuito) acollerá os torneos Sub 19, cadete, infantil e alevín. A proba, organizada pola Federación Galega de Voleibol coa colaboración do Excmo. Concello de Sada, celebrarase os días 29 e 30 de xullo.
O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuito Galego. A reunión técnica celebrarase ás 9.30 horas e nela terá que estar presente, polo menos, un representante de cada club.
Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin.
Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal …

GALICIA NO CESA SUB-21

Imaxe
Galicia rematou onte a súa andadura no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 21 en Las Palmas.  A Selección feminina, formada por Gladys Giráldez e Patricia González foi a que mellor resultado acadou, cunha moi meritoria quinta praza no nacional.  Pelexaron tamén ata o derradeiro encontro Marco Lado e David Redonda, que pese a todo tiveron que conformarse coa décimo terceira posición do torneo masculino.
A pesar do bó resultado final, as nosas representantes, Patricia González e Gladys Giráldez, non comezaron con bo pé o torneo. As ourensás caeron no seu debut en Las Palmas ante a potencia das madrileñas Carro/Moreno en dous parciais. Repuxéronse, pero nun choque axustado ante as cántabras Alonso / Illerías, a sorte non estivo do seu lado e perderon en dous parciais. O sábado por fin o esforzo daría os seus froitos na pista, vencendo á parella de Canarias Martín/González en dous asaltos para pouco despois, ás 15.30 horas asinar un impresionante partido ante as tamén can…

RESULTADOS DOS EQUIPOS GALEGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

Imaxe
Un ano máis a Costa da Morte converteuse en epicentro do volei praia nacional acollendo unha das citas de maior envergadura para a canteira española. O título cadete arrincou o venres cos primeiros encontros. Sete conxuntos galegos acudiron á cita pero nesta ocasión non tivemos representantes da nosa terra nos podios nacionais.
No apartado masculino, os mellor clasificados foron os conxuntos de Club Vigo Voleibol e Voleiboleiros Sada, que finalizaron na quinta posición despois de caer nos cuartos de final dunha competición moi esixente. Pechan a participación galega neste apartado VB Dumbría e Calasancias Coruña. Ambos perderon os dous primeiros encontros e pasaron a disputar o cadro de consolación do torneo. O Calasancias, optou así á décimo terceira praza. Pola súa banda, os dumbrienses quedaron relegados á cola da táboa.
No apartado feminino, o conxunto mellor clasificado da nosa comunidade foi o VP Riazor, que acadou a novena praza. Moi semellante foi o paso do Voleiboleiros Sada…

CRÓNICA IV PROBA DE CATEGORÍA SENIOR EN A GUARDA

Imaxe
A praia de Camposancos acolleu a cuarta proba senior do Circuito Galego de Volei Praia 207. Tras unha intensotorneo organizado en A Guarda pola Federación Galega de Voleibol e Organizia EventoGlobal, as parellas Queiro/Vázquez e Kruse/Alonso proclamáronse vencedoras da categoría senior masculina e feminina respectivamente.
Os xogadores Manuel Queiro e Diego Vázquez, do CDPF, foron os vencedores en A Guarda. Os coruñeses fixeron un gran campionato, e tan só tropezaron en terceira ronda contra Rubén Táboas e Isaac Sánchez do Club Vigo Voleibol. Pero terían oportunidade de resarcirse desa derrota tras vencer a Fernández/Trillo (COVP) nunha traballada semifinal que se decidiu no tie break e chegar á gran final que os enfrentaría de novo aos vigueses. A final foi especialmente igualada, con ambos equipos incapaces de anotar unha vantaxe suficiente para marchar no marcador. Pequenos detalles nos puntos finais deron a primeira vitoria a Manuel e Diego no set inicial e o mesmo patrón de xogo…

CESA SUB-21 NAS PALMAS DE GRAN CANARIA

Imaxe
As Seleccións Galegas de Volei Praia adestraron dende o luns 17 de xullo en Dumbría para preparar a súa participación no Campionato de España de Seleccións Autonómicas para a categoría Sub 21, que se celebrará en Las Palmas de Gran Canaria dende o venres 21 ao domingo 23 de xullo.

Galicia participa un ano máis nos Campionatos de España de Volei Praia por Seleccións Autonómicas na categoría Sub 21, que na súa edición 2017 se celebrarán en Las Palmas nos vindeiros días, entre o 21 e o 23 de xullo. A expedición galega parte hoxe, xoves, rumbo ás illas, onde serán dous os combinados autonómicos que pelexarán entre os mellores conxuntos da canteira nacional polo tan ansiado título.
Á fronte da delegación acude unha vez máis á cita nacional o seleccionador galego Eloy Mahía, que dirixirá no apartado masculino a actuación de Marco Lado e David Redonda e no feminino a de Patricia González e Gladys Giráldez.
O nacional por seleccións é un dos torneos máis esixentes da tempada de praia, pero pe…

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE VOLEI PRAIA EN DUMBRÍA

Imaxe
A praia de O Ézaro será unha vez máis epicentro do volei praia nacional, acollendo dende venres 21 ata o domingo 23de xullo, o Campionato de España de Volei Praia cadete tanto masculino como feminino. Tras o éxito acadado en pasadas edicións, Dumbría albergará por quinto ano consecutivo un nacional de volei praia, levando ao seu areal a emoción da competición máis prestixiosa e emocionante da tempada estival para os clubes de volei praia españois.

Á cita acuden os corenta catro mellores equipos do panorama nacional (24 femininos e 20 masculinos), clasificados nas competicións das súas respectivas autonomías e dispostos agora a pelexar polo título que actualmente ostentan os boirenses do Barraña VP no apartado masculino e o VP San José de Cantabria no feminino.

O torneo, organizado polas Federacións Española e Galega de Voleibol coa colaboración do Concello de Dumbría arrincará o venres pola mañá, logo de recibir aos participantes na reunión técnica, e rematará o vindeiro domingo coas…

IV PROBA DE CATEGORÍA SENIOR EN A GUARDA

Imaxe
Avanza o verán e o Circuito Galego de Volei Praia achégase ao seu ecuador coa celebración da cuarta proba senior os vindeiros días 22 e 23 de xullo en A Guarda.
O Trofeo Concello de A Guarda de Volei Praia, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa EventoGlobal Organizia, como todas as probas incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior. Inscrición
Os premios serán os seguintes: Importe máximo de 400 euros/categoría. Importe mínimo de 200 euros/categoría. Os importes totais irán en función do número de inscricións en cada unha das categorías. O reparto dos premios sairá de aplicar a seguinte porcentaxe tanto na categoría masculina como na feminina: POSTO 1º 50% (Ata 200 euros) 2º 25% (Ata 100 euros) 3º 15% (Ata 60 euros) 4º 10% (Ata 40 euros)
Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos dif…

ESCOLAS DE VOLEI PRAIA EN VALDEORRAS

Imaxe
O Club Ourense Volei Praia abre no Barco de Valdeorras unha escola de Volei Praia para rapazas e rapaces a partir de 9 anos. Todos os venres de xullo e agosto haberá grupos de mañá e de tarde no campo do Salgueiral. Os horarios serán os seguintes: Grupo 1(Iniciación): 11:00-12:00 Grupo 2(Perfeccionamento): 12:00-13:30 Grupo 3(Perfeccionamento) 17:00-18:30 Grupo 4(Iniciación) 18:30-19:30 As inscricións son abertas xullo e agosto, o único que hai que facer é enviar un correo electrónico ao enderezo ourensevoleipraia@gmail.com ou un  whatsapp ao 695187979 indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto. O prezo será de 25€, o cal inclúe unha clase semanal dirixida por un técnico titulado, unha camiseta, o seguro deportivo e a posibilidade de participar nos torneos organizados polo COVP e a FGVB.

CRÓNICA V TORNEO DE MARÍN

Imaxe
Os deportistas reunidos en Marín derramaron ata a derradeira pinga de súor para obter o ansiado trofeo que os declarase vencedores da terceira proba do Circuito Galego de Volei Praia. Finalmente foron as parellas formadas por Ángel Losada e David Guiñazu no apartado masculino e Federica Farabegoli e Marta González no feminino, as que o conseguiron. Logo dunha longa fase previa disputada o sábado – 26 parellas se inscribiron no torneo masculino e 23 no feminino – e un intenso cadro final con encontros de gran calidade, na tarde do domingo as parellas máis fortes chegaron ás eliminatorias que decidiron os podios do V Trofeo Concello de Marín de Volei Praia.
No torneo masculino os cabezas de serie cumpriron coa súa condición de favoritos, e tras superar todos os seus encontros en rondas anteriores chegaron por cadro de gañadores ás eliminatorias onde tamén venceron sen demasiadas complicacións aos seus rivais de semis, Rubén Sixto e Marcos Blanco do CM Ferrol. Na final agardábanlles Pabl…

V TORNEO DE MARÍN

Imaxe
O Circuito Galego de Volei Praia Senior volve o vindeiro fin de semana a Marín. A terceira proba do verán para esta categoría celebrarase entre o sábado 15 e o domingo 16 de xullo na praia de Loira. O V Trofeo Concello de Marín, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa EventoGlobal Organizia é un ano máis parada obrigatoria do circuito autonómico. O horario do torneo será de 10 a 21 horas o sábado e de 10 a 20 horas o domingo. A proba, como todas as incluidas no Circuito Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior.
A inscrición nesta proba de Marín farase achegando, antes do mércores día 12 ás 20.00 h, un correo elecrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal,…