V PROBA DO CGVB SENIOR EN POIO


O Circuito Galego de Volei Praia achégase á recta final abrindo o mes de agosto coa celebración da quinta proba senior os vindeiros días 5 e 6 de agosto en Poio. O Trofeo Concello de Poio Volei Praia, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa Organizia EventoGlobal, terá lugar na praia de Lourido e como todas as incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior.

Os premios serán os seguintes:
Importe máximo de 400 euros/categoría. Importe mínimo de 200 euros/categoría.
Os importes totais irán en función do número de inscricións en cada unha das categorías. O reparto dos premios sairá de aplicar a seguinte porcentaxe tanto na categoría masculina como na feminina:
1º 50% (Ata 200 euros)
2º 25% (Ata 100 euros)
3º 15% (Ata 60 euros)
4º 10% (Ata 40 euros)

Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin.

Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.


Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP