ESCOLAS DE VOLEI PRAIA EN VALDEORRAS


O Club Ourense Volei Praia abre no Barco de Valdeorras unha escola de Volei Praia para rapazas e rapaces a partir de 9 anos.
Todos os venres de xullo e agosto haberá grupos de mañá e de tarde no campo do Salgueiral. Os horarios serán os seguintes:
Grupo 1(Iniciación): 11:00-12:00
Grupo 2(Perfeccionamento): 12:00-13:30
Grupo 3(Perfeccionamento) 17:00-18:30
Grupo 4(Iniciación) 18:30-19:30
As inscricións son abertas xullo e agosto, o único que hai que facer é enviar un correo electrónico ao enderezo ourensevoleipraia@gmail.com ou un  whatsapp ao 695187979 indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto. O prezo será de 25€, o cal inclúe unha clase semanal dirixida por un técnico titulado, unha camiseta, o seguro deportivo e a posibilidade de participar nos torneos organizados polo COVP e a FGVB.

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP