V PROBA DO CGVP PARA CATEGORÍAS INFERIORES


O vindeiro fin de semana o Circuito Galego de Volei Praia para Categorías Inferiores vivirá o seu desenlace en Dumbría. A praia de O Ézaro acollerá a derradeira parada dos campionatos galegos Sub 19, cadete, infantil e alevín.
A proba, organizada pola Federación Galega de Voleibol coa colaboración do Excmo. Concello de Dumbría, celebrarase os días 5 e 6 de agosto.

O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuito Galego.
A reunión técnica celebrarase ás 9.30 horas e nela terá que estar presente, polo menos, un representante de cada club.

Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin.

Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.


Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP