CRÓNICA II PROBA CATEGORÍAS INFERIORES


Este fin de semana chegaba a segunda proba do torneo noutra parada clásica para os aficionados a esta disciplina: a praia de Barraña en Boiro.
O sábado comezou a competición coas probas das categorías infantil e Sub 19.

Nesta última volveron a gañar no apartado feminino, a viguesa Sabela Moreno (VPV) e a local Emma Ordoñez (Barraña VP).
As campionas da proba de O Barco de Valdeorras superaron sen problemas na semifinal ás locais Alejandra Rechou e María Rodríguez en dous sets e volveron a protagonizar un axustado pulso na final contra Lucía Prol e Aitana Fernández, do Emevé.
As lucenses superaran na eliminatoria previa a Paula Vázquez e Irea Triñanes, do Barraña.

No apartado masculino venceron no primeiro torneo disputado da categoría Sub 19, José Aba e Pablo Corrales (VBDumbría), que tras unha gran fase previa, chegaron con solvencia á final despois de superar nas semis a J. Carlos Rodríguez e Jesús Álvarez do COVP.
No choque polo trofeo agardáballes a parella que máis traballo lles dera nas previas, Rubén Martínez e Cristopher Rodríguez, do Barraña Volei Praia, que obtiñan o pase tras vencer aos seus compañeiros de equipo Darío Outeiral e Daniel Olveira.
O bronce foi para a parella Outeiral/Olveira que venceu a Rodríguez /Álvarez.

Simultáneamente disputábase tamén o sábado a competición infantil, que na sección feminina coronou como campionas da proba a Carolina Rodríguez e María Otero (CDPF). As coruñesas remataron invictas o torneo tras superar sen complicacións a fase previa e vencer na semifinal ás súas compañeiras Kamil Sierra e Nerea Castro ademáis de impoñerse nunha axustada final a Ana Pimentel e Helena Castro, do Barraña Volei Praia.
As boirenses, que apearan a Sara Ordoñez e Mara Vidal  nas semis, comezaron moi fortes a final, adiantándose 17 a 21. Pero a partir do segundo set Carolina e María collían o mando do partido para empatar 21 a 18 e impoñerse definitivamente 15 a 6.
Remataron en terceira posición Ordoñez e Vidal, tras superar no pulso polo podio a Sierra/Castro.

Na categoría masculina, de forte presencia local, os gañadores foron Carlos García e Jesús Outeiral, grandes dominadores da proba tras vencer con claridade a Manuel Astray e Pablo Ozores na semi e a Alan Davila e Jaime Arjones na final.
O bronce foi para Astray/Ozores que venceron na consolación a Brais Pérez e Alberto Tubio, completando o podio do Barraña VP ao completo.

O domigo chegaría a quenda da categoría cadete. A segunda proba do apartado masculino coronou como campións da proba a Pablo Allegue e Gonzalo Reverte do CDPF. Os coruñeses xa tiveron que empregarse a fondo na semifinal para superar na morte súbita a Sergio Castaño e Juan Ordoñez do Barraña VP, e igual de intensa foi a final ante Xabier Larrañaga e Sergio Castro, do VB Dumbría.
O derradeiro caixón do podio foi para Roi Losada e Álvaro Rivera, que gañaron o dereito ante Castaño/Ordoñez.

Na competición homónima feminina as gañadoras foron Cristina Freire e Andrea Jiménez do Club Ourense VP, que suman ao bronce de O Barco, este novo ouro en Boiro.
As ourensanas superaron ás locais do Barraña Nera Rey e Uxía Ageitos e obtiveron así o pase á final na que agardaban Uxía Otero e Carla Míguez do Volei Praia Riazor.
Na final comezaron por enriba as coruñesas, levando un intenso primeiro set por 16 a 14, pero a partir do segundo, a reacción de Cristina e Andrea levábaas ao máis alto do podio por 15 a 11 e 10 a 1.
Por último pechaban o cadro de honra Laura García e Lidia Figueira, do Barraña VP, tras gañar a consolación ante Rey/Ageitos, do mesmo club.

Por último tamén foi un día de diversión para os máis cativos. Os rapaces e as rapazas de categoría alevín amosaron unha vez máis que teñen aptitudes e actitude de sobra para convertirse en grandes xogadores/as no futuro.

Tras esta segunda proba en Boiro, o Circuito Galego de Volei Praia desprázase o vindeiro fin de semana a Carnota, onde de novo competirán todas as categorías inferiores, dende os alevíns ata sub 19.

Fotos: https://drive.google.com/open?id=0B1Q4aUS8CECLcC1pV2kzN2NFLUU

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP