CRÓNICA IV PROBA DE CATEGORÍA SENIOR EN A GUARDA



A praia de Camposancos acolleu a cuarta proba senior do Circuito Galego de Volei Praia 207. Tras unha intensotorneo organizado en A Guarda pola Federación Galega de Voleibol e Organizia EventoGlobal, as parellas Queiro/Vázquez e Kruse/Alonso proclamáronse vencedoras da categoría senior masculina e feminina respectivamente.

Os xogadores Manuel Queiro e Diego Vázquez, do CDPF, foron os vencedores en A Guarda. Os coruñeses fixeron un gran campionato, e tan só tropezaron en terceira ronda contra Rubén Táboas e Isaac Sánchez do Club Vigo Voleibol.
Pero terían oportunidade de resarcirse desa derrota tras vencer a Fernández/Trillo (COVP) nunha traballada semifinal que se decidiu no tie break e chegar á gran final que os enfrentaría de novo aos vigueses.
A final foi especialmente igualada, con ambos equipos incapaces de anotar unha vantaxe suficiente para marchar no marcador. Pequenos detalles nos puntos finais deron a primeira vitoria a Manuel e Diego no set inicial e o mesmo patrón de xogo fixo que foran Rubén e Isaac os que empataran no segundo asalto. No tie break os de Calasancias saíron máis enchufados e lograron impoñerse 15 a 7 para levar o seu primeiro título senior da tempada.
O podio completouse coa parella formada por José Aba e Joel Junco, que venceron na consolación a Carlos Fernández e Boris Trillo por 2 sets a 1.

E no apartado feminino, tamén estrean título esta tempada Rebeca Kruse e Paula Alonso, do Club Ourense Volei Praia. A parella ourensá fixo un torneo impecable, chegando ao máis alto do podio sen ceder un só set, nin na fase inicial, nin na semifinal ante Priego/López (CM Ferrol) e nin tan sequera na gran final ante Miriam Moragues e Teresa López, do CM Ferrol.
O terceiro posto foi para Iria Causin e María Bouza (VP Lugo), que superaron na pelexa polo bronce a Blanca Priego e Catarina López por 2 sets a 1.

O vindeiro fin de semana serán as bases as que pelexarán polo trofeo de Sada que se celebrará na praia das Delicias entre o 29 e o 30 de xullo. Ademáis, o club CDPF organiza, fóra do calendario do Circuito Galego oficial, un torneo senior para parellas tanto masculinas como femininas e un amateur mixto que se celebrará simultáneamente.



Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP