III PROBA DE CATEGORÍAS INFERIORES EN CARNOTA


O Circuito Galego de Volei Praia 2017 continúa avanzando e prepara xa a súa próxima parada en Carnota. A praia de Lariño acollerá a que será a terceira proba para as categorías de base, dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19.
O sábado 8 de xullo competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo día 9 será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuito Galego.
A reunión técnica celebrarase ás 9.30 horas e nela terá que estar presente, polo menos, un representante de cada club.

A inscrición nesta proba de Carnota será gratuita, e farase achegando, antes do mércores día 5 de xullo ás 20.00 h, un correo eletrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes.
Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVb debidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. 

Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Volei Praia da FGVb e da RFEVb e que a non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.

Publicacións populares deste blog

NORMATIVA VII TORNEO VILA DE ALLARIZ DE VOLEI PRAIA

RESULTADOS DA VII PROBA DE POIO