GALICIA NO CESA SUB-21



Galicia rematou onte a súa andadura no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 21 en Las Palmas. 
A Selección feminina, formada por Gladys Giráldez e Patricia González foi a que mellor resultado acadou, cunha moi meritoria quinta praza no nacional. 
Pelexaron tamén ata o derradeiro encontro Marco Lado e David Redonda, que pese a todo tiveron que conformarse coa décimo terceira posición do torneo masculino.

A pesar do bó resultado final, as nosas representantes, Patricia González e Gladys Giráldez, non comezaron con bo pé o torneo. As ourensás caeron no seu debut en Las Palmas ante a potencia das madrileñas Carro/Moreno en dous parciais.
Repuxéronse, pero nun choque axustado ante as cántabras Alonso / Illerías, a sorte non estivo do seu lado e perderon en dous parciais.
O sábado por fin o esforzo daría os seus froitos na pista, vencendo á parella de Canarias Martín/González en dous asaltos para pouco despois, ás 15.30 horas asinar un impresionante partido ante as tamén canarias Gómez/Falcón. Gladys e Patricia repuxéronse dun 21-16 inicial en contra e pelexando ata a derradeira bóla que caía sobre a area lograron gañar un axustadísimo segundo sel 21 a 23 e chegar con vantaxe anímica ao tie break, que remataría 15 a 10 para as galegas.
Esta vitoria daba dereito ás galegas a pelexar o pase a semifinais ante Ruiz/Gutiérrez pero pese ao bó comezo das nosas, que marcaron o ritmo do primeiro set anotándoo 21 a 17, non puideron coa contestación das vascas, que rexurdiron das súas cinzas para entrar nas eliminatorias 21 a 17 e 15 a 11 e deixar ás nosas con esa máis que meritoria quinta posición.

No apartado masculino, tampouco tiveron un gran comezo Marco Lado e David Redonda, que caeron pelexando ata o derradeiro punto no primeiro encontro ante a parella madrileña Pino/Rangelov, en dous sets.
Seguiron dando a talla no seguinte choque fronte os canarios Gallardo/Duque, pero o tie break decidiu á vitoria para ós das illas por apenas dous puntos de diferencia.
Xa o sábado, enfrontábanse á parella balear Ramón/Sánchez, outro partido complicado no que os galegos estiveron á altura pero non lles acompañou a sorte, caendo na morte súbita, por 2 sets a 1.
No cadro de consolación puideron finalmente resarcirse para rematar con vitoria o campionato (por 2-1 ante Cataluña) e obter a décimo terceira praza nacional.

Ese quinto posto obtido no torneo feminino sub 21 é un logro a destacar e sumar a outra meritoria sétima praza acadada pola selección masculina cadete este ano. Galicia aínda participará nun nacional máis esta tempada, o da categoría Sub 19 que terá lugar en Lorca do 3 ao 8 de agosto.

Publicacións populares deste blog

CIRCUITO BARBANZA VOLEY PLAYA

Salvador Pastor nuevo jugador del COVP