Publicacións

Mostrando publicacións desta data: July, 2017

V PROBA DO CGVP PARA CATEGORÍAS INFERIORES

Imaxe
O vindeiro fin de semana o Circuito Galego de Volei Praia para Categorías Inferiores vivirá o seu desenlace en Dumbría. A praia de O Ézaro acollerá a derradeira parada dos campionatos galegos Sub 19, cadete, infantil e alevín. A proba, organizada pola Federación Galega de Voleibol coa colaboración do Excmo. Concello de Dumbría, celebrarase os días 5 e 6 de agosto.
O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuito Galego. A reunión técnica celebrarase ás 9.30 horas e nela terá que estar presente, polo menos, un representante de cada club.
Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin.
Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Vol…

V PROBA DO CGVB SENIOR EN POIO

Imaxe
O Circuito Galego de Volei Praia achégase á recta final abrindo o mes de agosto coa celebración da quinta proba senior os vindeiros días 5 e 6 de agosto en Poio. O Trofeo Concello de Poio Volei Praia, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa Organizia EventoGlobal, terá lugar na praia de Lourido e como todas as incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior.
Os premios serán os seguintes: Importe máximo de 400 euros/categoría. Importe mínimo de 200 euros/categoría. Os importes totais irán en función do número de inscricións en cada unha das categorías. O reparto dos premios sairá de aplicar a seguinte porcentaxe tanto na categoría masculina como na feminina: 1º 50% (Ata 200 euros) 2º 25% (Ata 100 euros) 3º 15% (Ata 60 euros) 4º 10% (Ata 40 euros)

Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos …

CRÓNICA IV PROBA DO CGVP PARA CATEGORÍAS INFERIORES EN SADA

Imaxe
O fin de semana o Circuito Galego de Volei Praia para Categorías Inferiores viviu unha nova e emocionante proba en Sada.  A praia de Las Delicias (ao carón do chiringuito) acollerá os torneos Sub 19, cadete, infantil e alevín.
Unha vez máis a nosa parella estrela cadete está no podio. Andrea Valeria e Cristina Freire conseguen un terceiro posto nesta proba de Sada

MADISON LAREDO 2017

Imaxe

IV PROBA DO CGVP PARA CATEGORÍAS INFERIORES EN SADA

Imaxe
O vindeiro fin de semana o Circuito Galego de Volei Praia para Categorías Inferiores vivirá unha nova e emocionante proba en Sada. A categoría senior volve descansar, e a praia de Las Delicias (ao carón do chiringuito) acollerá os torneos Sub 19, cadete, infantil e alevín. A proba, organizada pola Federación Galega de Voleibol coa colaboración do Excmo. Concello de Sada, celebrarase os días 29 e 30 de xullo.
O sábado competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuito Galego. A reunión técnica celebrarase ás 9.30 horas e nela terá que estar presente, polo menos, un representante de cada club.
Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos diferentes equipos e xogadores na plataforma que a FGVB dispón para tal fin.
Xa por último lembrar que os xogadores/as deberán participar debidamente uniformados, tal …

GALICIA NO CESA SUB-21

Imaxe
Galicia rematou onte a súa andadura no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 21 en Las Palmas.  A Selección feminina, formada por Gladys Giráldez e Patricia González foi a que mellor resultado acadou, cunha moi meritoria quinta praza no nacional.  Pelexaron tamén ata o derradeiro encontro Marco Lado e David Redonda, que pese a todo tiveron que conformarse coa décimo terceira posición do torneo masculino.
A pesar do bó resultado final, as nosas representantes, Patricia González e Gladys Giráldez, non comezaron con bo pé o torneo. As ourensás caeron no seu debut en Las Palmas ante a potencia das madrileñas Carro/Moreno en dous parciais. Repuxéronse, pero nun choque axustado ante as cántabras Alonso / Illerías, a sorte non estivo do seu lado e perderon en dous parciais. O sábado por fin o esforzo daría os seus froitos na pista, vencendo á parella de Canarias Martín/González en dous asaltos para pouco despois, ás 15.30 horas asinar un impresionante partido ante as tamén can…

RESULTADOS DOS EQUIPOS GALEGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

Imaxe
Un ano máis a Costa da Morte converteuse en epicentro do volei praia nacional acollendo unha das citas de maior envergadura para a canteira española. O título cadete arrincou o venres cos primeiros encontros. Sete conxuntos galegos acudiron á cita pero nesta ocasión non tivemos representantes da nosa terra nos podios nacionais.
No apartado masculino, os mellor clasificados foron os conxuntos de Club Vigo Voleibol e Voleiboleiros Sada, que finalizaron na quinta posición despois de caer nos cuartos de final dunha competición moi esixente. Pechan a participación galega neste apartado VB Dumbría e Calasancias Coruña. Ambos perderon os dous primeiros encontros e pasaron a disputar o cadro de consolación do torneo. O Calasancias, optou así á décimo terceira praza. Pola súa banda, os dumbrienses quedaron relegados á cola da táboa.
No apartado feminino, o conxunto mellor clasificado da nosa comunidade foi o VP Riazor, que acadou a novena praza. Moi semellante foi o paso do Voleiboleiros Sada…

CRÓNICA IV PROBA DE CATEGORÍA SENIOR EN A GUARDA

Imaxe
A praia de Camposancos acolleu a cuarta proba senior do Circuito Galego de Volei Praia 207. Tras unha intensotorneo organizado en A Guarda pola Federación Galega de Voleibol e Organizia EventoGlobal, as parellas Queiro/Vázquez e Kruse/Alonso proclamáronse vencedoras da categoría senior masculina e feminina respectivamente.
Os xogadores Manuel Queiro e Diego Vázquez, do CDPF, foron os vencedores en A Guarda. Os coruñeses fixeron un gran campionato, e tan só tropezaron en terceira ronda contra Rubén Táboas e Isaac Sánchez do Club Vigo Voleibol. Pero terían oportunidade de resarcirse desa derrota tras vencer a Fernández/Trillo (COVP) nunha traballada semifinal que se decidiu no tie break e chegar á gran final que os enfrentaría de novo aos vigueses. A final foi especialmente igualada, con ambos equipos incapaces de anotar unha vantaxe suficiente para marchar no marcador. Pequenos detalles nos puntos finais deron a primeira vitoria a Manuel e Diego no set inicial e o mesmo patrón de xogo…

CESA SUB-21 NAS PALMAS DE GRAN CANARIA

Imaxe
As Seleccións Galegas de Volei Praia adestraron dende o luns 17 de xullo en Dumbría para preparar a súa participación no Campionato de España de Seleccións Autonómicas para a categoría Sub 21, que se celebrará en Las Palmas de Gran Canaria dende o venres 21 ao domingo 23 de xullo.

Galicia participa un ano máis nos Campionatos de España de Volei Praia por Seleccións Autonómicas na categoría Sub 21, que na súa edición 2017 se celebrarán en Las Palmas nos vindeiros días, entre o 21 e o 23 de xullo. A expedición galega parte hoxe, xoves, rumbo ás illas, onde serán dous os combinados autonómicos que pelexarán entre os mellores conxuntos da canteira nacional polo tan ansiado título.
Á fronte da delegación acude unha vez máis á cita nacional o seleccionador galego Eloy Mahía, que dirixirá no apartado masculino a actuación de Marco Lado e David Redonda e no feminino a de Patricia González e Gladys Giráldez.
O nacional por seleccións é un dos torneos máis esixentes da tempada de praia, pero pe…

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE VOLEI PRAIA EN DUMBRÍA

Imaxe
A praia de O Ézaro será unha vez máis epicentro do volei praia nacional, acollendo dende venres 21 ata o domingo 23de xullo, o Campionato de España de Volei Praia cadete tanto masculino como feminino. Tras o éxito acadado en pasadas edicións, Dumbría albergará por quinto ano consecutivo un nacional de volei praia, levando ao seu areal a emoción da competición máis prestixiosa e emocionante da tempada estival para os clubes de volei praia españois.

Á cita acuden os corenta catro mellores equipos do panorama nacional (24 femininos e 20 masculinos), clasificados nas competicións das súas respectivas autonomías e dispostos agora a pelexar polo título que actualmente ostentan os boirenses do Barraña VP no apartado masculino e o VP San José de Cantabria no feminino.

O torneo, organizado polas Federacións Española e Galega de Voleibol coa colaboración do Concello de Dumbría arrincará o venres pola mañá, logo de recibir aos participantes na reunión técnica, e rematará o vindeiro domingo coas…

IV PROBA DE CATEGORÍA SENIOR EN A GUARDA

Imaxe
Avanza o verán e o Circuito Galego de Volei Praia achégase ao seu ecuador coa celebración da cuarta proba senior os vindeiros días 22 e 23 de xullo en A Guarda.
O Trofeo Concello de A Guarda de Volei Praia, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa EventoGlobal Organizia, como todas as probas incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior. Inscrición
Os premios serán os seguintes: Importe máximo de 400 euros/categoría. Importe mínimo de 200 euros/categoría. Os importes totais irán en función do número de inscricións en cada unha das categorías. O reparto dos premios sairá de aplicar a seguinte porcentaxe tanto na categoría masculina como na feminina: POSTO 1º 50% (Ata 200 euros) 2º 25% (Ata 100 euros) 3º 15% (Ata 60 euros) 4º 10% (Ata 40 euros)
Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a pertinente licencia autonómica ou nacional, e ter as mesmas dadas de alta, xunto aos dif…

ESCOLAS DE VOLEI PRAIA EN VALDEORRAS

Imaxe
O Club Ourense Volei Praia abre no Barco de Valdeorras unha escola de Volei Praia para rapazas e rapaces a partir de 9 anos. Todos os venres de xullo e agosto haberá grupos de mañá e de tarde no campo do Salgueiral. Os horarios serán os seguintes: Grupo 1(Iniciación): 11:00-12:00 Grupo 2(Perfeccionamento): 12:00-13:30 Grupo 3(Perfeccionamento) 17:00-18:30 Grupo 4(Iniciación) 18:30-19:30 As inscricións son abertas xullo e agosto, o único que hai que facer é enviar un correo electrónico ao enderezo ourensevoleipraia@gmail.com ou un  whatsapp ao 695187979 indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto. O prezo será de 25€, o cal inclúe unha clase semanal dirixida por un técnico titulado, unha camiseta, o seguro deportivo e a posibilidade de participar nos torneos organizados polo COVP e a FGVB.

CRÓNICA V TORNEO DE MARÍN

Imaxe
Os deportistas reunidos en Marín derramaron ata a derradeira pinga de súor para obter o ansiado trofeo que os declarase vencedores da terceira proba do Circuito Galego de Volei Praia. Finalmente foron as parellas formadas por Ángel Losada e David Guiñazu no apartado masculino e Federica Farabegoli e Marta González no feminino, as que o conseguiron. Logo dunha longa fase previa disputada o sábado – 26 parellas se inscribiron no torneo masculino e 23 no feminino – e un intenso cadro final con encontros de gran calidade, na tarde do domingo as parellas máis fortes chegaron ás eliminatorias que decidiron os podios do V Trofeo Concello de Marín de Volei Praia.
No torneo masculino os cabezas de serie cumpriron coa súa condición de favoritos, e tras superar todos os seus encontros en rondas anteriores chegaron por cadro de gañadores ás eliminatorias onde tamén venceron sen demasiadas complicacións aos seus rivais de semis, Rubén Sixto e Marcos Blanco do CM Ferrol. Na final agardábanlles Pabl…

V TORNEO DE MARÍN

Imaxe
O Circuito Galego de Volei Praia Senior volve o vindeiro fin de semana a Marín. A terceira proba do verán para esta categoría celebrarase entre o sábado 15 e o domingo 16 de xullo na praia de Loira. O V Trofeo Concello de Marín, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa EventoGlobal Organizia é un ano máis parada obrigatoria do circuito autonómico. O horario do torneo será de 10 a 21 horas o sábado e de 10 a 20 horas o domingo. A proba, como todas as incluidas no Circuito Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior.
A inscrición nesta proba de Marín farase achegando, antes do mércores día 12 ás 20.00 h, un correo elecrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal,…

CRÓNICA III PROBA CATEGORÍAS INFERIORES

Imaxe
O Circuito Galego de Volei Praia 2017 fixo a sua terceira parada en Carnota. A praia de Lariño acolleu a xogadores e xogadoras das categorías de base, dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19. O sábado 8 de xullo competiron as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo día 9 foi o a turno dos apartados alevín e cadete. 
Temos que destacar  a boa posición das nosas xogadoras Cristina e Andrea que ficaron na terceira posición na categoría sub-19. Por os seus bós resultados nas probas xogadas até o momento, teñen unha praza segura para o Campionato de Clubs de Volei Praia na sua categoría, a cadete.

III PROBA DE CATEGORÍAS INFERIORES EN CARNOTA

Imaxe
O Circuito Galego de Volei Praia 2017 continúa avanzando e prepara xa a súa próxima parada en Carnota. A praia de Lariño acollerá a que será a terceira proba para as categorías de base, dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19. O sábado 8 de xullo competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo día 9 será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuito Galego. A reunión técnica celebrarase ás 9.30 horas e nela terá que estar presente, polo menos, un representante de cada club.
A inscrición nesta proba de Carnota será gratuita, e farase achegando, antes do mércores día 5 de xullo ás 20.00 h, un correo eletrónico a correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as adxuntando o boletín de Inscripción debidamente cumprimentado e selado cos equipos participantes. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio (correo ordinario, correo eletrónico persoal, etc) á FGVb sempre e cando vaian no formulari…

CRÓNICA II PROBA CATEGORÍAS INFERIORES

Imaxe
Este fin de semana chegaba a segunda proba do torneo noutra parada clásica para os aficionados a esta disciplina: a praia de Barraña en Boiro. O sábado comezou a competición coas probas das categorías infantil e Sub 19.
Nesta última volveron a gañar no apartado feminino, a viguesa Sabela Moreno (VPV) e a local Emma Ordoñez (Barraña VP). As campionas da proba de O Barco de Valdeorras superaron sen problemas na semifinal ás locais Alejandra Rechou e María Rodríguez en dous sets e volveron a protagonizar un axustado pulso na final contra Lucía Prol e Aitana Fernández, do Emevé. As lucenses superaran na eliminatoria previa a Paula Vázquez e Irea Triñanes, do Barraña.
No apartado masculino venceron no primeiro torneo disputado da categoría Sub 19, José Aba e Pablo Corrales (VBDumbría), que tras unha gran fase previa, chegaron con solvencia á final despois de superar nas semis a J. Carlos Rodríguez e Jesús Álvarez do COVP. No choque polo trofeo agardáballes a parella que máis traballo lles…